Temas: BOIRO CRIBADO

Detectados 30 positivos no cribado realizado o fin de semana en Boiro

A asistencia foi do 80%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2020 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

Un total de 30 casos positivos foron detectados ata o momento nos cribados desenvolvidos este fin de semana polo persoal de enfermaría da área sanitaria de Santiago e O Barbanza no municipio coruñés de Boiro.

Segundo informou a xerencia, as probas contaron coa asistencia dun 80% dos citados mediante un SMS, no que se indica a hora e o lugar. Ademais, tamén se lles envía un código QR para a identificación do persoal.

A área sanitaria sinalou que, debido ao incremento de casos neste concello e co obxectivo de detectar persoas afectadas con covid aisintomáticas, este martes está a realizarse un novo cribado.

Cribado. Foto de arquivo.. EDUARDO BRIONES
Cribado. Foto de arquivo.. EDUARDO BRIONES | Fonte: EUROPA PRESS

Temas: BOIRO CRIBADO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta