Unha persoa ferida nun incendio que obrigou a desaloxar un edificio en Verín

O suceso tivo lugar pasadas as 17,00 horas na Avenida Sousas, tal e como explicaron os afectados a través da súa chamada de alerta ao 112 Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2020 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida nun incendio rexistrado na tarde deste martes e que obrigou a desaloxar un edificio en Verín.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar pasadas as 17,00 horas na Avenida Sousas, tal e como explicaron os afectados a través da súa chamada de alerta ao 112 Galicia.

Con estes datos, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Verín, que entraron na vivenda chea de fume para pescudar a orixe do incendio. Posiblemente, un curtocircuíto dun radiador puido provocar as chamas, que danaron un sofá.

Ademais, a acumulación de fume afectou a unha ocupante da vivenda, pois necesitou a asistencia dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Pola súa banda, os axentes da Policía Local procederon á evacuación dos veciños do edificio co fin de garantir a súa seguridade mentres duraron os traballos de extinción.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta