Todos os partidos pídenlle ao Goberno central a especialidade de medicina de urxencias

PPdeG rexeita unha iniciativa do PSdeG para que a Xunta analice a afectación da pandemia na capacidade de diagnóstico en oncoloxía

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2020 | Actualizada ás 21:36

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia aprobou este martes unha iniciativa presentada de forma conxunta polo tres grupos con representación --PPdeG, PSdeG e BNG-- a través da que reclaman que o Goberno central cre a nova especialidade de Medicicina de Urxencias e Emerxencias, con tramitación "preferente" e "independente" á que corresponda a un novo decreto de troncalidade.

O texto, presentado en forma de proposición non de lei conxunta e que foi aprobado por unanimidade na sesión, recolle unha demanda que os grupos coincidiron ao asegurar que "vén de lonxe" e que foi reiterada polo presidente da Sociedade Española de Urxencias e Emerxencias (SEMES), Manuel José Vázquez Lima, na súa comparecencia na comisión de reactivación posta en marcha no Parlamento de Galicia.

Entre outras cuestións, na iniciativa, os grupos subliñan que a pandemia motivada pola covid-19 puxo de manifesto a importancia que teñen estes servizos que prestan asistencia e coidados da maior complexidade e que esixen estar convenientemente dimensionados en infraestruturas e adecuadamente dotados en número e capacitación de profesionais sanitarios.

En encargado en trasladar a posición do grupo maioritario foi o que fi conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuíña, quen considerou necesario darlle "o empuxón definitivo" á creación desta especialidade.

Entrada de Urxencias do Hospital da Costa. AXM
Entrada de Urxencias do Hospital da Costa. AXM

CONSELLO ASESOR

Por outra banda, a Xunta informou da constitución do comité asesor sociosanitario para colaborar na configuración do novo modelo de residencias. Este equipo, que se reunirá nos próximos días, estará formado por perfís profesionais diversos con influencia no sector: traballadores sociais, arquitectos e persoal médico e de enfermaría, entre outros.

Os alicerces do novo modelo, segundo recalca a Xunta, son "a compenetración máis estreita entre a atención social e os servizos sanitarios", melloras "estruturais" e un papel activo para as novas tecnoloxías.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta