A brutal crise da covid non frea a especulación do prezo da vivenda

A vivenda nova dispárase un 10% nun ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2020 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

O prezo da vivenda subiu en Galicia un 1,9% no terceiro trimestre do ano en relación ao mesmo período do ano anterior, máis que a media estatal (+1,7%), segundo o Índice de Prezos de Vivenda (IPV) do Instituto Nacional de Estatística (INE) publicado este xoves.

En comparativa co trimestre anterior, mantense sen cambios o prezo en Galicia. De media no que vai de ano, a alza é do 1,2%. O prezo da vivenda nova subiu de forma interanual un 10% en Galicia, por encima da media (7,5%); mentres que a de segunda man elevouse un 0,9%, tamén máis que o incremento nacional do 0,8%.

Respecto da comparativa co segundo trimestre do ano, o prezo da vivenda nova aumentou un 5,3%, superior ao de España (+4%). Na de segunda man hai un retroceso de prezo no terceiro trimestre respecto ao segundo trimestre no caso galego (-0,7%), que contrasta que a subida española (+0,6%).

DATOS ESTATAIS

En España, o prezo da vivenda libre subiu un 1,7% no terceiro trimestre en taxa interanual, taxa catro décimas inferior á do trimestre anterior e a menor desde o primeiro trimestre de 2015.

Prezo da vivenda en Galicia. EPDATA
Prezo da vivenda en Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta