Xorde un novo partido político reivindicando os 500 anos da petición dos nobres galegos ao rei español

Os impulsores do proxecto din que é unha forza "moderada e galeguista" na que están implicadas persoas de "50 concellos".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/12/2020 | Actualizada ás 21:03

Comparte esta noticia

Este ano fanse os 500 anos da Asemblea de Melide, un encontro ao que acudiron os principais nobres galegos como reacción política ao que interpretaran como un desaire do emperador Carlos I de España por telos excluído das Cortes convocadas en Santiago. Entón, vintecinco nobres, poderosos e representantes das cidades e vilas do Reino de Galicia xuntáronse en Melide para pedirlle ao monarca español o retorno do voto en Cortes para o país, que exercía a cidade de Zamora, xunto con outras importantes reivindicacións.

Ilustración que recrea un momento da Asemblea de Melide
Ilustración que recrea un momento da Asemblea de Melide | Fonte: Ilustración realizada por ALBERTO TARACIDO e publicada en www.culturagalega.gal

Precisamente, e aproveitando esta efeméride, un grupo de persoas anuncia que presentará o vindeiro sábado 12 de decembro neste concello un novo partido político galego. "Este mes de decembro será unha data para facer historia política, tanto polo lugar Melide pola súa connotación coa historia de Galicia, como pola data no mes conmemorativo do 500 aniversario da Asemblea de Melide", apuntan nun comunicado.

Esta forza, que se presenta o sábado, é, din "o parto con duración de nove meses", froito do debate e análise "dunha equipa de persoas de arredor de 50 concellos, que estiveron traballando en rede como tocou vivir neste tempo de confinamento". Unha nova formación que chega a case tres meses da disolución de En Marea.

"Este proxecto que vai dar moito que falar e chega para quedarse, pois está deseñado conforme a idiosincrasia propia do pobo galego; a moderación e o galeguismo", indican os impulsores. Este sábado taén se darán a coñecer os membros da Comisión Permanente e a Comisión Xestora que o van conducir ate o Congreso Constituínte que terá lugar nos vindeiros meses.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 anonimo

Pois non sei que terá que ver o que pasou fai 500 anos, na edade media, co de agora. Ah, e da universidade privada de abanca non ten pinta que vaia ser un guetto para ricos, porque ofrece moi poucas carreiras, que, ademais, xa ofrece dabonbdo a pública.

2 Xabrega

Autonoanemistas que queren mandar ós seus fillos á universidade privada do Escotet de Abanca. Fixo que poñen a sede en Lalín e fan un cocido co PNV...

1 S3ntidiño

O día 28 xa está perto...