(Vídeo) Así soa ‘O teu Nadal’, a canción coa que Pili Pampín e as orquestras queren animar estas festas

A peza tamén conta coa eurovisivia Lucía Pérez, cantante de ‘Que me quiten lo bailao’.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

De Pili Pampín a artistas das grandes orquestras galegas, pasando pola eurovisiva Lucía Pérez. Son 21 os cantantes involucrados no que está chamado a ser o proxecto máis notable do Nadal musical galego. “O teu Nadal”, unha composición de Samuel Bugía –que tamén ten experiencia escribindo para Eurovisión—vén de presentarse como unha peza pensada para animar á xente no Nadal dun ano “tan complicado”.

Captura de pantalla do vídeo de 'O teu Nadal'
Captura de pantalla do vídeo de 'O teu Nadal' | Fonte: 'O teu Nadal'

A canción, por riba, conta cun carácter “solidario”, tal e como explica o seu compositor; xa que fai fincapé naquelas empresas galegas que realizaron achegas aos bancos de alimentos estas semanas. O tema, producido po DJ Federato, caracterízase por unha “especial mestura de estilos” que non deixa de lado o espíritu do Nadal. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta