Detido o mozo que lle zoscou a Rajoy por berrar consignas a favor de ETA e Bildu

O mozo xa estivo nun centro de menores por darlle unha puñada ao ex presidente español, e logo tamén por golpear a un dirixente de Vox.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 11/12/2020 | Actualizada ás 12:14

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo en Ourense a un mozo de 22 anos por agredir na cabeza a un home que trataba de botalo do local. Segundo explicaron os axentes, o suceso ocorreu pouco antes das 23,00 horas do pasado 8 de decembro, cando o mozo irrompeu nun bar lanzando consignas a favor de ETA e do partido político Bildu.

esposa, detido, detención, liberdade de espresión, liberdade de expresión, censura,
esposa, detido, detención, liberdade de espresión, liberdade de expresión, censura,

O detido foi identificado como Andrés de V.F., segundo puido saber Europa Press, foi o mesmo que en decembro de 2015 lle deu unha puñada en Pontevedra ao entón presidente do Goberno, Mariano Rajoy.

Os clientes presentes no establecemento dixéronlle que marchara, ao que o mozo non accedeu, polo que mentres tentaban sacalo do local, o mozo sacou un obxecto -ao parecer un coitelo- co que comezou a golpear a un dos homes e fuxiu do lugar a pé.

As testemuñas chamaron ao 061, xa que a vítima sangraba pola cabeza, e ao 091, que desprazou unha dotación ata a zona. Os policías en servizo estableceron un dispositivo de procura pola zona que tivo como resultado a localización do presunto autor nunha rúa próxima ao lugar dos feitos. 

A vítima tivo que ser trasladada polo 061 ata o Hospital de Ourense, xa que presentaba cortes na cabeza que requiriron puntos de sutura.

INTERNADO NUN CENTRO DE MENORES

O detido, de 22 anos natural de Pontevedra e cunha detención anterior, foi identificado como Andrés de V.F., mozo que permanecera durante dous anos internado nun centro de menores tras agredir a Mariano Rajoy durante un paseo electoral pola cidade de Pontevedra en decembro de 2015.

Posteriormente, este mozo protagonizou unha nova polémica o pasado ano pola súa implicación na agresión ao coordinador da agrupación local en Pontevedra de Vox, Juan Manuel Rosales Pérez, cando se atopaba repartindo folletos nunha mesa informativa que instalaran nesta cidade, xunto á Praza de Abastos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Ramón

esta nova pasará desapercibida hoxe, ¿que pasaría se fose un mozo berrando consignas a favor do nacionalismo español ou da extrema dereita? ahí queda eso.

1 Casilda

Non vos pasaría nada Ramón! O nazionalismo español está amparado polo poder xudicial, protexido e amamantado pola policía e o exército franquista, bendicido pola igrexa, tapado por facenda e propagandeado pola prensa sistémica. Os teus Ramón, son intocables: desde os Borbóns, os Franco, os PPsoE, os banqueiros, aos do Ibex, os do Gal, os torturadores, os ultras... Ramón, igual o rapaz ten un problema que non é político. Si, Ramón, cando fede non mires arredor, que tal se ollas para o teu interior primeiro!