Un vehículo sae da vía e envorca noutra estrada en Santiago

Dentro ían catro ocupantes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2020 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

A capital galega rexistrou un aparatoso accidente no barrio de Vidán. Un coche saíu da estrada a outra vía inferior, e terminou envorcado con catro ocupantes a bordo.

O suceso ocorreu preto das 17,00 horas na Avenida Mestra Vitoria Míguez, na parroquia compostelá de Vidán, nas proximidades do Complexo Hospitalario de Santiago segundo os datos facilitados polo 112.

A central de Emerxencias alertou do ocorrido ao 061 e aos Bombeiros de Santiago, posto que había unha persoa atrapada no interior dun coche que caeu dunha vía a outra. De feito, foi necesario aplicar o equipo de excarceración para liberar ao ferido e facilitar o seu traslado ao centro hospitalario.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta