Galicia supera xa os 1.300 mortos pola Covid tras dez novos falecementos

Cinco deles morreron ou procedían de residencias de anciáns.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 11/12/2020 | Actualizada ás 20:50

Comparte esta noticia

Galicia superou xa os 1.300 mortos pola Covid. Concretamente, son xa 1.303 os falecidos tras informar a Xunta de dez novos decesos en hospitais e residencias do país, unha cifra que supón un incremento cos datos dos últimos días. 

Dos dez deste venres, a metade procedían ou faleceron en centros de anciáns. Catro faleceron en centros, dúas mulleres de 94 e 97 anos, faleceron no Centro integrado CEGADI (Procedente da Vivenda Comunitaria de Castrelo de Miño) e centro integrado Boullosa Pardo de Vera de Vigo (Procedente da residencia CRAPD de Vigo II), respectivamente. Outro home de 89 anos morreu no CHUVI, pero era Residencia Doral de Mos e dúas mulleres de 97 e de 82 anos faleceron na residencia Vila do Conde de Gondomar.

Un traballador sanitario totalmente protexido pecha a porta dunha ambulancia tras recoller a un ancián
Un traballador sanitario totalmente protexido pecha a porta dunha ambulancia tras recoller a un ancián | Fonte: EP

Por outra banda, un home de 87 anos e dúas mulleres de 88 e 88 faleceron no CHUAC da Coruña, outra muller de 94 anos no CHUO de Ourense e un home de 60 no CHOP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta