Nace o proxecto político Partido Galego, unha formación que se declara transversal e con visión europeísta

Este novo partido primará a "interlocución" e o diálogo para recibir os "impulsos que hai na sociedade" e construír este país "con todos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2020 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

Galicia conta desde este sábado cun novo proxecto político. O chamado Partido Galego foi presentado este sábado en Melide, e entre os seus membros está Xosé Mosquera, exmembro de Compromiso por Galicia e vinculado coas diferentes correntes galeguistas ao longo da historia.

Ademais de Mosquera este Xesús Ares, que estará á fronte da área de Coordinación do novo partido, que se ofrece como un proxecto transversal, galeguista e cunha visión europeísta e de converxencia.

O resto de integrantes da comisión permanente serán Maximino Vázquez (portavoz), Óscar Casais (organización), Montse Almozara (finanzas), Xabier Vázquez (municipal), José Antonio Díaz Rodríguez (empresas), Paula María Rey (autónomos), Anxo Franco (emprego), Rubén Vilasenín (Medio ambiente), Cristina Barcia (comunicación) ou Xabier Pintos (medio rural).

Durante a presentación do proxecto, Mosquera incidiu na necesidade de impulsar un partido "en defensa" da sociedade e da lingua propia, que estea "convencido" de que se sitúa nun marco europeo e que debe "mirar á Eurorrexión".

Por iso, este novo partido debe primar a "interlocución" e o diálogo para recibir os "impulsos que hai na sociedade" e construír este país "con todos".

"Temos que estar atentos a eles, ser receptivos e ter unha capacidade de diálogo moi grande", engadiu, pero sen caer en 'apriorismos'.

Xosé Mosquera
Xosé Mosquera

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

11 Galeguista de esquerdas

Emancipación? O que que propaga o nacionalismo catalán é emancipación ou supremacismo? Como é posible que non se vexa o doblado do mallo: queren que sexamos o seu mercado pero non queren axudar a pagar as nosas pensións. Como fan os nacionalistas vascos. Tiven a paciencia de de dedicarlle un tempo a estudiar as "balanzas fiscales" de Zapatero. Desde ese instante, esas bandeiras galegas, coa estrela no medio, nas manifestacións dos independentistas cataláns empezaron a darme pena e rabia á vez. Quen vai pagar a dependencia dos galegos si os que máis teñen non poñen euros na caixa. O independentismo galego é para do benestar dos galegos, o que o escaravello é para a colleita de patacas. Pero son vello e xa teño un conocemento empírico de que para o pensamento sectario o sufremento dun pobo (do pobo e non da nomenklatura) é unha peaxe asumible. Por eso o galeguismo (de esquerdas ou de dereitas) é indispensable nunha Europa das rexións...

1 Galeguista de dereitas

Concordo plenamente coa túa valoración do nacionalismo catalán e o seu complexo de superioridade. Eu tampouco entendo o seguidismo que lles fai boa parte do nacionalismo galego, como se a deles fose a nosa guerra. Mais ese esquema mental supremacista é común tanto á dereita pujolista coma á esquerda de ERC e a CUP. E digo máis, a evidente viraxe socialdemócrata dos herdeiros de Convergencia foi paralela á súa transición do nacionalismo ao independentismo que defenden na actualidade. Por iso, se ben nas súas orixes o nacionalismo puido ser unicamente un movemento de corte conservador, hoxe fica clara a compatibilidade entre nacionalismo e ideoloxía de esquerdas. Xa había nacionalistas de esquerdas en España antes da ditadura, hainos agora aquí e hainos tamén en Escocia co SNP ou en Irlanda co Sinn Féin.

10 Galeguista de esquerdas

Por certo, e por aportar algo, falta unha D. O Partido Comunista Italiano (PCI), despois de procesos de Moscú, primaveras de Praga e outras "bondades" do estalinismo, pasou a chamarse Partido Democrático de Izquierdas (PDI). Cambiou a C sectaria e servil do comunismo pola D igualitaria do socialismo democrático. Agora dícese PD, Partido Democrático, e é a única esperanza dun goberno de esquerdas en Italia. É bon aprender dos que saben máis que un. Longa vida o PDG

9 Galeguista de esquerdas

A pregunta é a de sempre: ¿Galicia é unha nación ou unha rexión europea que (hoxe) forma parte de España? Si volvemos co de Galiza, e nación galega, estaremos orbitando arredor da dereita nacionalista: todos os nacionalismos, salvo os movementos anticoloniales, son, e serán sempre, de dereitas. O galeguismo de esquerdas (que admite todas as tonalidades da socialdemocracia) está orfo desde sempre. Compromiso por Galicia declararábase socialdemócrata e nacionalista (soberanismo progresista). Os leóns vexetarianos teñen cabida na ficción e, parece ser que, nalgunhas mentes privilexiadas da eterna adolescencia.

1 Galeguista de dereitas

Galiza é unha rexión, país ou nación europea, chámelle cada un como queira, pois o dicionario avala as tres formas. Mais o vencello histórico de pertenza a España coido que fica fóra de toda dúbida en non resta ren ao carácter nacional do pobo galego. Ben sabemos que a ecuación un estado=unha nación non ten por que se cumprir sempre. Dis que o galeguismo de esquerdas está orfo, e supoño que o dis para marcar a distinción entre galeguismo e nacionalismo. Non me meto nesa xebra terminolóxica, mais segundo o teu propio comentario e sendo como son a maioría de nacionalismos actuais en Europa movementos emancipadores, non vexo como podes soster que o nacionalismo é unha ideoloxía de dereitas por natureza. Abondos casos hai do contrario.

2 Galeguista de dereitas

(segue) De feito, o que eu si encontro verdadeiramente orfo en Galiza é o espazo análogo no centro-dereita, e seguirá a estalo en canto prosiga esta dinámica de fundación-disolución-refundición de partidos galeguistastransversaismoderados que non se dan atrevido a identificarse con ningunha das familias tradicionais da dereita democrática (quer liberais, conservadores, demócratas cristiáns, tradicionalistas ou a que for) mentres ao BNG non lle doen prendas de ter como cerna un partido coa fouce e o martelo no logotipo. Converxencia 21 puido selo mais parece que renunciaron a intentalo. No entanto, dun desmedrado CxG seica abrocha para este lustro o ‘Partido Galego’. A ver que trae. Polo de agora, simplemente un nome pretensioso, que fai seu un sintagma co que na lingua común se denomina a calquera partido de Galiza (isto lémbrame a Les Republicains en Francia) e unhas siglas non menos ambiguas e grandiosas.

8 POBRA

Xa empezamos roubando nas siglas, mala sinal, o que así empeza. O PG xa existe.

1 Centroeuropeo

O problema do Partido Galeguista é que non é máis ca unhas siglas. Hai tempo que non ten militancia, base social nin actividade.

7 Oitaburro

Outro máis??? Os rebotados dos rebotados dos rebotados??? A ver canto tardan en excindirse entre eles