Protestas de traballadores do Santander na Coruña e Vigo en rexeitamento ao ERE

Insisten en que o ERE "profunda drasticamente na reestruturación do sistema financeiro".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2020 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

Decenas de traballadores do Banco Santander mobilizáronse este sábado na Coruña e Vigo en rexeitamento ao ERE que aplicará a compañía e que en Galicia "suporá a destrución de 370 empregos" e o peche doutras 79 oficinas.

A CIG advertiu que a única vía de negociación ten pasar por un acordo que garanta "unha saída digna" do colectivo afectado, a través de prexubilacións, para paliar esta "brutal agresión" que está a sufrir o persoal da entidade.

"Sabemos que hai traballo suficiente no banco, que non podemos seguir pechando oficinas, que aquí non sobre ninguén, e en todo caso falta unha adecuada xestión dos recursos", indicaron desde o sindicato.

Neste sentido, insisten en que o ERE "profunda drasticamente na reestruturación do sistema financeiro" que se rexistra nos últimos anos e instan a "frear a destrución de emprego e a perda de servizos".

Protestas contra despedimentos no Santander. CIG
Protestas contra despedimentos no Santander. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta