O Goberno central afirma que a vacinación comezará en Galicia ao mesmo tempo que noutras autonomías

Javier Losada responde as manifestacións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nas que dixo que a Xunta empezaría a vacinar "na segunda semana de xaneiro".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/12/2020 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, ratificou que a vacinación contra o Covid-19 empezará en todas as comunidades autónomas "á vez", ao ser preguntado polas manifestacións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nas que dixo que a Xunta empezaría a vacinar "na segunda semana de xaneiro".

Unha vacina de Pfizer-BioNTech contra a COVID-19
Unha vacina de Pfizer-BioNTech contra a COVID-19 | Fonte: Europa Press

Sobre estas declaracións, asegurou que o presidente do Executivo galego "sabe" que se trata dunha actuación coordinada co Goberno e o resto das comunidades autónomas, en concreto no marco da conferencia sectorial.

Nela, manifestou, decidiranse "cantas vacinas ten cada comunidade autónoma e a quen se vacina primeiro". "Van empezar todas as comunidades á vez e teranas de acordo coas características aprobadas na conferencia sectorial", recalcou.

Así, o delegado do Goberno incidiu en que no caso de Galicia non será "nada diferente" ao que se faga noutras comunidades autónomas, ao tratarse, segundo incidiu, de medidas que se acordan na conferencia sectorial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta