Cesado un dos edís tránsfugas de Viana do Bolo que facilitou a investidura do novo rexedor popular

O alcalde tivo que acatar a sentenza do Tribunal Supremo que declara que os concelleiros tránsfugas non poden asumir novos cargos e retribucións.

Por Galicia Confidencial | Viana do Bolo | 14/12/2020 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

O Concello de Viana do Bolo acaba de cesar ao 2º tenente alcalde, Santiago Barja Barja, como membro da xunta de goberno local e nas súas funcións de concelleiro delegado de política rural.

Rolda de prensa do BNG con Noa Presas e o alcalde de Viana do Bolo, Secundino Fernández. BNG
Rolda de prensa do BNG con Noa Presas e o alcalde de Viana do Bolo, Secundino Fernández. BNG

Unha decisión que adoptou o novo rexedor, o popular Andrés Montesinos, tras sentenza do Tribunal Supremo que declara que os concelleiros tránsfugas non poden asumir novos cargos e retribucións que "impliquen melloras persoais, políticas ou económicas". Montesinos chegou hai uns meses á alcaldía a través dunha moción de censura que apoiaron dous tránsfugas do PSdeG, que apartaron da alcaldía ao nacionalista Secundino Fernández Fernández.

"No BNG congratulámonos de que o Tribunal nos dea a razón e recoñeza o carácter antidemocrático e contrario a dereito dunha moción de censura que levou á alcaldía a un tránsfuga en contra da vontade da veciñanza de Viana do Bolo", apunta esta formación nun comunicado ao tempo que piden que os dous edís tránsfugas, Abelardo Carballo e Santiago Barja, "dimitan o antes posible".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta