Liberan en Negreira un camioneiro que quedou atrapado debaixo do seu vehículo

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/12/2020 | Actualizada ás 19:46

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencia liberaron esta tarde de luns a un home que quedou atrapado debaixo da cabina do camión que conducía ao tratar de realizar unha manobra no lugar de Forniños, no termo municipal coruñés de Negreira.

Camión envorcado en Negreira
Camión envorcado en Negreira | Fonte: @HelicoSantiago

Segundo a información facilitada polos equipos de intervención que acudiron ao lugar dos feitos, o camioneiro foi evacuado en ambulancia ata un centro hospitalario.

O incidente produciuse ás 16,15 horas na parroquia de Xallas. De acordo co relato da persoa particular que chamou ao 112, un veciño advertiulle dun home que necesitaba axuda ao quedar atrapado debaixo dun camión.

Aínda que nun primeiro momento se avisou ao helicóptero medicalizado con base en Santiago, o home foi finalmente trasladado en ambulancia.

Ata o lugar tamén acudiron os axentes da Policía local e da Garda Civil de Tráfico co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta