Alerta laranxa por temporal no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2020 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activou unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da provincia da Coruña e no de Pontevedra. Nestas zonas, espéranse ventos do sur-suroeste de forza 8 e 9 e mar combinado de ondas de ata seis metros.

Este fenómeno meteorolóxico adverso comezará este mediodía no litoral oeste e suroeste da provincia da Coruña, para a media tarde ampliarse ao noroeste da Coruña e a primeiras horas da noite a Pontevedra, segundo información da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

Por isto mesmo, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informou de toda a situación aos municipios das zonas afectadas así como ás Deputacións, servizos e agrupacións de Protección Civil, entre outras entidades.

Temporal en Vigo,frota amarrada, barcos en porto. EUROPA PRESS - Arquivo
Temporal en Vigo,frota amarrada, barcos en porto. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta