O cribado nas Pontes deu 25 casos positivos entre as 1.603 persoas que acudiron

A área sanitaria de Santiago informou de que persoal de enfermaría realiza esta tarde un cribado ao persoal de hostalaría de Santa Comba e Mazaricos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2020 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

Un total de 25 casos positivos de covid-19 foron detectados no cribado realizado polo Servico Galego de Saúde (Sergas) nas Pontes e ao que acudiron 1.603 persoas.

Diso informaron fontes da área sanitaria de Ferrol, que explican que acudiu a realizar estas probas o 95,82% dos veciños citados.

Deste xeito, no cribado desenvolvido entre a tarde do pasado mércores 9 de decembro e este luns, día 14, detectáronse 25 casos, o que supón o 1,32% das probas realizadas.

PROBAS EN SANTA COMBA E MAZARICOS

Por outra banda, a área sanitaria de Santiago informou de que persoal de enfermaría realiza esta tarde un cribado ao persoal de hostalaría de Santa Comba e Mazaricos nos respectivos centros de saúde destas localidades para a detección de posibles casos asintomáticos.

En total foron citadas unhas 200 persoas a través de SMS. A toma de mostras será nasofaríngea para realizar PCR, que será analizada pola técnica pooling.

Dúas sanitarias preparan probas PCR en Monforte de Lemos (Lugo).. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Dúas sanitarias preparan probas PCR en Monforte de Lemos (Lugo).. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta