Gonzalo Caballero cre necesario que Meirás sexa un "espazo de dignificación" da memoria democrática

O líder dos socialistas galegos mostrou o seu rexeitamento ao plan de usos concibido pola Xunta para as Torres de Meirás e advertiu de que non pode servir para "branquear o franquismo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2020 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, avogou por converter o Pazo de Meirás nun "espazo de dignificación e recuperación" da memoria democrática tras décadas en mans dos herdeiros do ditador Francisco Franco e rexeitou o plan da Xunta por considerar que busca "branquear ao franquismo".

Diso informou o PSdeG nun comunicado, no que explica que Gonzalo Caballero participa na tarde deste martes, en compañía do secretario de Memoria Histórica do PSOE e secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, nun encontro virtual sobre a recuperación deste inmoble declarado ben de interese cultural (BIC) que a semana pasada foi entregado polo xulgado de forma provisional ao Estado.

Gonzalo Caballero mostrou o seu rexeitamento ao plan de usos concibido pola Xunta para as Torres de Meirás e advertiu de que non pode servir para "blanquear o franquismo" nin para "obviar a importancia de defender a memoria democrática".

Así mesmo, puxo en valor o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez coa recuperación do pazo que fora propiedade de Emilia Pardo Bazán apenas un ano despois da exhumación de Franco do Val dos Caídos.

Neste sentido, o máximo dirixente do PSdeG chamou a seguir traballando pola recuperación da memoria e a dignidade das vítimas da ditadura e, así, tentar recuperar tamén a Casa Cordine, "obtida pola familia Franco en condicións moi dubidosas".

Tal e como sinala o PSdeG, Gonzalo Caballero xa trasladara ao secretario de Estado de Memoria Democrática a importancia deste inmoble, que chegou a acoller a sede do Concello da Coruña, nas distintas reunións mantidas en Madrid desde a chegada de Sánchez á Presidencia do Goberno.

Fachada do Pazo de Meirás, ata agora propiedade da familia Franco, o día no que o Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña estimou integramente a demanda para a devolución do pazo.. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
Fachada do Pazo de Meirás, ata agora propiedade da familia Franco, o día no que o Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña estimou integramente a demanda para a devolución do pazo.. M. Dylan - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Riolo

Gonzalo, vai para casa xa. O tio é un xenio, o sobrino é unha calamidade con patas.

1 Gamela

O de Gonzalito parece de coña ! Por min que fagan un parque temático "Casa dos Horrores" onde a momia de Franco mediante un resorte asome ás escaleiras para meter medo ás visitas: Erpañoles Todos, etc, etc... Pero máis alá do mal gusto esta tropa ten certa paixón pola necrofilia : Val dos Caídos - Meirás - Cornide // Pero non comprendemos por que defenden a Cruz dos Caídos por Dios y por España de VIGO !!! https://flic.kr/p/27eYtpj