Temas: RíOS AUGA ENCOROS

Os encoros galegos están case ao 60% da súa capacidade tras gañar 400 hectómetros de auga

A área que máis volume gañou esta semana foi a do Miño-Sil, que se sitúa ao 56,9% da súa capacidade, tras subir 295 hectómetros, ata os 1.723.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2020 | Actualizada ás 20:42

Comparte esta noticia

Os encoros galegos sitúanse esta semana ao 59,96% da súa capacidade total tras gañar un total de 396 hectómetros cúbicos de auga, segundo recolle o boletín hidrolóxico emitido polo Ministerio para a Transición Ecolóxica.

En concreto, os encoros da comunidade conteñen 2.227 hectómetros cúbicos de auga, o 59,96% dos 3.714 da súa capacidade total.

A conca que máis volume gañou esta semana foi a do Miño-Sil, que se sitúa ao 56,9% da súa capacidade, tras subir 295 hectómetros, ata os 1.723.

Pola súa banda, os encoros de Galicia Costa subiron en 101 hectómetros, ata os 504, o que supón o 73,7% da súa capacidade total.

MELLORAS DA XUNTA EN RÍOS DE GALICIA COSTA

Por outra banda, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, licitou os servizos de conservación, mellora e mantemento dos tramos interurbanos dos ríos da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, para os dous próximos anos.

Diso informou o departamento que dirixe Ethel Vázquez nun comunicado, no que sinala que, para darlle continuidade ao programa que se desenvolve neste ámbito, a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica a contratación deste servizo por un importe de 5,6 millóns. Isto supón, con respecto ao contrato vixente, un incremento do 69,4%.

Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense). EUROPA PRESS - Arquivo
Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense). EUROPA PRESS - Arquivo

Temas: RíOS AUGA ENCOROS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta