Traballadores das Pontes cortan unha autovía para denunciar a "reconversión encuberta" da planta

Denuncian que os empregados de auxiliares quedarán sen traballo "a partir de xaneiro".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2020 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

Os traballadores da central térmica de Endesa e das compañías auxiliares que desenvolven o seu labor neste complexo enerxético situado nas Pontes (A Coruña) realizaron desde as 10,45 horas un corte de tráfico na autovía AG-64 (Ferrol-Vilalba) á altura do quilómetro 33.

Esta acción, segundo explicaron fontes sindicais consultadas por Europa Press, ten por obxectivo "denunciar a perdida de postos de traballo nesta central térmica, onde os empregados de auxiliares van quedar sen traballo a partir de xaneiro e aos de Endesa mándanos para outro lado".

"De momento non sabemos canto tempos estaremos aquí, pero o que faga falta", sinalaron os traballadores sobre a protesta, que motivou que se desprazaron á zona varias patrullas da Garda Civil de Tráfico para sinalizar este corte e expor percorridos alternativos. Así as cousas, os traballadores inciden en que "as administracións están caladas, non din nada, e isto non é unha transición, é unha reconversión pura e dura".

Traballadores de Endesa e de auxiliares cortan a autovía AG-64 ao seu paso polas Pontes (A Coruña)
Traballadores de Endesa e de auxiliares cortan a autovía AG-64 ao seu paso polas Pontes (A Coruña) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta