A Xunta pechará Galicia durante as festas do Nadal para tentar atallar o incremento dos contaxios

Non se poderá acceder á comunidade sen causa xustificada entre o 23 de decembro e o 6 de xaneiro. Os estudantes que regresen de zonas de risco terán que facer un test.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2020 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia

Regresa o peche perimetral a Galicia. A comunidade Galega estará pechada perimetralmente desde 23 de decembro ao 6 de xaneiro, tal e como acaba de anunciar o Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña. Deste xeito, non se poderá entrar na comunidade galega agás por motivos xustificados, tales como traballo ou a atención a persoas dependentes.

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña.. XUNTA
O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña.. XUNTA | Fonte: CONCHI PAZ - Arquivo

O anuncio da Consellería de Sanidade chega no mesmo día en que a Xunta de Galicia vén de lanzar as súas recomendacións para reducir o risco de contaxio durante o Nadal. Nunha circunstancia de aumento de casos, a Xunta vén de se contradicir ao recomendar agora realizar as reunións cunha soa unidade familiar cando no protocolo presentado ante o Goberno central falaba de ata dúas unidades-  

Comesaña puntualizou, a este respecto, que se resulta preciso incorporar algunha persoa adicional  a esa unidade familiar, "a recomendación é que non exceda de dúas unidades familiares, tendo especial consideración con maiores que viven sós", e cunha suma máxima, en calquera caso, de seis persoas, non contando menores de 10 anos.

PROBAS PARA OS ESTUDANTES


Neste contexto, Sanidade acaba de anunciar que o Sergas citará para realizar probas PCR ou de antígenos aos estudantes que regresen a Galicia, así como aos viaxeiros que cheguen á comunidade procedentes das zonas consideradas de risco. Ademais, en Galicia segue activo o rexistro de viaxeiros, que no verán contabilizou unhas 500.000 persoas, e que deron lugar a 10.000 PCR que permitiron evitar cadeas de contagios. Neste rexistro pódense anotar todas as persoas procedentes de fóra da comunidade --e é obrigatorio no caso das zonas de risco-- e, desta listaxe, serán citadas aquelas persoas que procedan de lugares con alta incidencia.

De xeito paralelo, tamén se poden anotar para realizar as probas diagnósticas aqueles estudantes que regresen ás súas casas familiares aínda estudando na propia comunidade galega, pero nunha cidade diferente e con outra unidade de convivencia de referencia. Estas probas faranse en coordinación coas áreas sanitarias para citar lugar e hora destas probas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Non creo nada de nada... parece que lles gusta sair a contar mentiras ! As PCR vanse convertindo no Gordo de Nadal ! Se che toca non abres a boca por se acaso ! Os vellos das Residencias danlle 5 días de festa a cambio de 7 días de castigo ao regreso ! Ogallá remate esta tolemia algún día ... aínda que polo que se vé ata o 9 de maio seguiremos presos baixo Estado de Alarma Perpetuo !!!