Os centros educativos galegos manteñen case 900 casos de Covid e 65 aulas pechadas

Catro escolas infantís permanecen totalmente clasuradas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2020 | Actualizada ás 16:24

Comparte esta noticia

As cifras da incidencia da COVID-19 nos centros educativos galegos presentan este mércores unha lixeira baixada no número de casos totais e nas aulas pechadas por positivos, mentres se manteñen en catro os centros clausurados totalmente, todos eles escolas infantís. Deste xeito, segundo o último balance ofrecido polas autoridades sanitarias este mércores, a comunidade educativa galega contabiliza un total de 899 casos --tres menos que o martes-- que obrigan a manter pechadas 65 aulas --dúas menos--.

Ademais, catro escolas infantís atópanse clausuradas tras detectarse casos de covid-19. A última delas foi o Barrio Sésamo 4 de Lugo, que se uniu nos últimos días á Chiquis de Pontevedra, a Cáritas Tui-Vigo da cidade olívica e a Ludy de Ferrol.

O punto de maior incidencia mantense na zona de influencia da Coruña. O centro privado plurilingüe La Grande Obra de Atocha é o máis afectado de toda Galicia, aínda que presenta unha leve melloría respecto ao martes ao contar con 21 positivos --un menos-- e dúas aulas pechadas --tamén unha menos--.

Tamén baixan os casos noutro dos centros máis afectado como é o IES plurilingüe Pedra da Aguia, do municipio de Camariñas, que ten agora 16 positivos --dous menos-- e un total de cinco unidades clausuradas. En Fisterra, pola súa banda, o IES Fin do Camiño contabiliza 12 contaxios --sen cambios--.

No entanto é a zona de Vigo a que concentra o maior número de casos en centros educativos, con 206 positivos en activo --catro máis-- e polo menos 16 aulas e unha escola infantil clausuradas. Nesta zona destaca a situación do CIFP Manuel Antonio, con 15 contaxios --un menos-- e unha aula pechada, e a CEE Saladino Cortizo, que mantén polo menos catro unidades inactivas debido a nove positivos.

A área da Coruña, pola súa banda, conta con 161 positivos --cinco menos-- e 12 aulas pechadas --unha menos--, mentres que Santiago se sitúa en 162 contagios --catro máis-- e dez unidades --sen cambios--.

RESTO DE ÁREAS

No resto do territorio a situación mantense en termos similares aos do martes. Así, a área de Pontevedra conta cuns 148 positivos --un máis-- nos seus centros educativos e polo menos oito aulas e unha escola infantil pechada.

A esta zona séguelle a área de Lugo, con 77 casos --tres menos-- e sete aulas afectadas --unha máis--, ademais dunha gardaría; e Ferrol, que non presenta novidades respecto ao día previa e se mantén con 77 positivos, cinco aulas e unha escola infantil pechada.

O balance de cifras péchase cos centros da área de Ourense, con 56 positivos --oito menos-- e sete unidades afectadas.

Medidas de seguridade nunha escola infantil de Abegondo. CONCELLO DE ABEGONDO - Arquivo
Medidas de seguridade nunha escola infantil de Abegondo. CONCELLO DE ABEGONDO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta