Mobilización contra os eólicos do goberno noruego en Galicia: "nos fiordos non poñen muíños"

Amigas da Terra convoca unha camiñata para contemplar "unhas vistas que se poden perder" se o proxecto noruego avanza.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Proseguen as protestas contra os eólicos en Galicia. Nas últimas semanas vén de intensifarse as campañas de denuncia contra uns parques que, previsiblemente, rematarán por estenderse ao ancho do territorio galego co visto bo das autoridades. Malia a polémica que pende o asunto, a Xunta prosegue cuns plans que ata o momento só puido deter o TSXG.

Parque eólico de Cadramón, en Lugo.
Parque eólico de Cadramón, en Lugo.

O alto tribunal galego declarou esta mesma semana a nulidade do permiso que a Xunta concedeu para erixir un parque eólico na serra do Iribo. A sentencia supón un pulo de esperanza para o movemento ecoloxista galego, que nas últimas semanas verteu denuncias moi semellantes ás alegacións que o Tribunal tivo en consideración para paralizar o proxecto. En concreto, o TSXG atendeu os recursos dun bloque de formacións verdes no tocante á declaración de impacto ambiental do parque.

Outro dos casos que está a desatar a polémica é o parque de Rebordechao, cuxa construción está planeada para a serra de San Mamede. A compañía impulsora de proxecto non é outra que Starkraft, a empresa pública do goberno de Noruega dedicada á cuestión da produción de enerxía eólica. O anuncio do proxecto, xunto coa publicación dos detalles deste plan, vén de xerar a indignación da plataforma Amigas da Terra.

CAMIÑATA REIVINDICATIVA

A división ourensá desta formación vén, de feito, de convocar unha camiñata reivindicativa para tentar concienciar á poboación sobre a necesidade de preservar os espazos naturais de Galicia contra este clase de proxectos. "Os noruegos non teñen ningún parque eólico nos seus fiordos ou montañas máis icónicas", subliña con retranca Xosé Santos Otero, da nomeada formación.

Santos, un dos impulsores da nomeada camiñata, clarifica que non se trata dunha mobilización "en contra" da enerxía eólica. O obxectivo, destaca, é subliñar que Galicia "xa está ao límite" na súa poboación de eólicos. "Galicia é excedentaria nun 50% en produción de electricidade", cifra Santos. Neste aspecto, o activista fai referencia á "escaseza" de espazos naturais en Galicia, unha circunstancia que facilita esta clase de proxectos "invasivos".

"VISTAS QUE VAN DESPARARECER"

"Galicia é o territorio da UE con menor espazos protexidos". No caso concreto de San Mameda, Santos relata a "divisón artificial" que se dá no seo da serra, cunha parte protexida pola Rede Natura 2000 e outra sen salvagarda algunha. "Trátase dunha separación artificial para permitir esta clase de proxectos especulativos", subliña. Fronte a estas circunstancias, dende Amigas das Árbores ollan á camiñata planificada para este venres de decembro como unha ferramenta de concienciación ante a posible perda destes espazos.

A idea trala actividade é facer un percorrido que permita contemplar unhas “vistas que van desaparecer” a non ser que se poña freo ao proxecto comandado polo goberno de Noruega. Este, segundo destacan, poñería en risco a única confluencia en toda Galicia de tres bacias hidrográficas. A xornada comezará ás 10 horas do nomeado día no Santuario dos Milagres cunha visita a unhas carballeiras centenarias que poderían ter os días contados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Carmen

E sudiciente con acudir os Milagros antes daa 10 horas do vindeiro venres para unirse a camiñata?