Cada galego ten, de media, 2.500 euros menos que os habitantes do resto do Estado

Con todo, o crecemento do PIB per cápita subiu en Galicia a maior ritmo que no resto do territorio en 2019.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2020 | Actualizada ás 12:36

Comparte esta noticia

O produto interior bruto (PIB) per cápita subiu en Galicia en 2019 un 3,2%, algo máis que o incremento experimentado pola media (+2,5%), pero sitúase en 23.873 euros, por baixo dos 26.426 de España e os 31.160 da Unión Europea dos 27. En termos de volume, no seu conxunto, o PIB galego creceu un 1,8% o pasado exercicio, fronte ao aumento experimentado pola UE-27, que foi do 1,6%.

Mentres, a renda dispoñible bruta dos fogares (tamén per cápita), con datos correspondentes ao ano 2018, foi de 14.673 euros en Galicia, un 93,9% respecto ao total da media (15.618 euros). En 12 comunidades, o índice desta renda dispoñible bruta superou ao do PIB per cápita. Entre elas atópase Galicia (93,9% fronte a 89,8%).

Os datos publicados este xoves revisan as estimacións da contabilidade rexional de España difundidas o pasado mes de xullo e son o resultado tanto da incorporación da actualización da Contabilidade Nacional de España como da dispoñibilidade dunha maior cantidade de fontes de información estatística.

Cartos
Cartos | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta