Investigan a tres persoas que finxiron ser o condutor e dous dos ocupantes dun vehículo accidentado

Un veciño de Vimianzo permenece investigado por delitos de seguridade viaria e atentado á autoridade despois de sufrir un accidente co seu coche cando circulaba ebrio ao volante e negarse a ser sometido á proba de alcoholemia.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 17/12/2020 | Actualizada ás 17:42

Comparte esta noticia

A Garda Civil investigou a dúas persoas que supostamente finxiron ser ocupantes dun vehículo accidentado en Pontecaldelas como presuntos autores de delitos de estafa e, ao tomador do seguro, que aparentou ser o condutor, por un suposto delito de falsidade documental.

Os feitos tiveron lugar o pasado día 10 de outubro na PO-532, no termo municipal de Pontecaldelas, onde un turismo sufriu unha saída de vía que se saldou con cinco feridos, segundo detallaron fontes da Benemérita.

Deste xeito, unha patrulla do Destacamento de Tráfico de laGuardia Civil de Pontevedra desprazouse á zona, onde dúas persoas explicaron que foran parte dos pasaxeiros do vehículo accidentado, e que o condutor e outros dous ocupantes foran evacuados ao Hospital Montecelo.

Tamén indicaron a súa intención de desprazarse ao centro hospitalario para someterse a unha revisión médica por atoparse indispostos como consecuencia do accidente.

Posteriormente, un equipo de atestados trasladouse ao lugar, onde realizou unha inspección ocular do mesmo e o vehículo accidentado. Ademais, analizou as manifestacións das dúas persoas que aseguraran ser ocupantes do turismo e observaron varias contradicións que fixo que sospeitase do seu relato dos feitos.

Tras entrevistarse co resto dos pasaxeiros e realizar xestións coa compañía aseguradora do vehículo, os axentes constataron que a persoa que dera o parte fora o tomador do seguro e pai do condutor. Así, observaron que este home tamén asegurara ser a persoa que conducía no momento do accidente e que se incluíu como ocupantes a dúas persoas que non viaxaban no turismo.

Por estes motivos, procedeuse á investigación do tomador do seguro e outras dúas persoas e as dilixencias entregáronse no Xulgado de garda de Pontevedra.

Un vehículo da Garda Civil desprazado ao lugar dun accidente. GARDA CIVIL
Un vehículo da Garda Civil desprazado ao lugar dun accidente. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

CUSPIU AOS AXENTES DE TRÁFICO

Un veciño de Vimianzo permenece investigado por delitos de seguridade viaria e atentado á autoridade despois de sufrir un accidente co seu coche cando circulaba ebrio ao volante e negarse a ser sometido á proba de alcoholemia por parte dos axentes da Garda Civil que acudiron a auxiliarlle, aos que chegou mesmo a cuspir e a ameazar con contaxiarlles o coronavirus.

Deste incidente informou a Garda Civil nun comunicado remitido aos medios este juves. O sinistro produciuse en Bamiro, no termo municipal de Vimianzo, onde se desprazou unha patrulla para auxiliar aos implicados.

Chegados ao lugar, os axentes comprobaron que no vehículo accidentado había un único ocupante, que se atopaba sen feridas pero en estado de embriaguez. Nese momento, requiriron ao condutor que se sometese ás probas de alcoholemia, pero o investigado negouse en varias ocasións.

A actitude do condutor derivou en insultos cara aos axentes, aos que chegou a agredir, cuspir e ameazar con contaxialos despois de dicirlles que estaba infectado de coronavirus.

Así as cousas, o investigado enfróntase a varios delitos: un contra a seguridade viaria por conducir baixo os efectos do alcol, outro por negarse a someterse á proba de alcoholemia e outro de atentado á autoridade no exercicio das súas funcións.

DETIDO POR ROUBO

Por outra banda, un home veciño de Fisterra foi detido como presunto autor dun roubo con forza cometido o pasado 26 de decembro nun establecemento comercial ao que accedeu rompendo unha ventá para levar tres televisores intelixentes valorados en máis de 3.000 euros.

A Garda Civil, segundo detalla nun comunicado, iniciou unha investigón sobre os os feitos para identificar ao responsable do roubo, que foi localizado despois de dar co paradoiro dun dos televisores subtraídos da tenda.

O detido foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Corcubión, mentres que a Benemérita devolveu o televisor recuperado ao seu lexítimo dono, á vez que continúa coas pescudas para localizar os outros dous.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta