A Xunta espera que Alcoa "volva á senda do diálogo" para negociar a venda da planta de Cervo

O conselleiro de Economía cualifica como unha "boa noticia" a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que declara nulo o ERE.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/12/2020 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, cualificou como unha "boa nova" a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que declara nulo o ERE de Alcoa e espera que a empresa "volva agora á senda do diálogo" para negociar a venda da planta.

O conselleiro de Economía
O conselleiro de Economía | Fonte: Europa Press

"É unha boa nova para as 524 familias que durante todos estes meses levan traballando e loitando para conseguir este obxectivo de manter os postos de traballo e a actividade industrial", asegurou.

Así, recoñeceu e agradeceu o "esforzo conxunto" realizado polo comité de empresa e as administracións e incidiu en que Alcoa "debe rectificar e traballar na venda da planta, sobre todo sabendo que hai un operador disposto a investir e que quere manter a actividade".

Desta forma, explicou que se podería dar unha solución tanto aos traballadores como á comarca, "tendo en conta, ademais, que se trata dun sector estratéxico para a economía galega que hai que defender".

O vicepresidente tamén indicou que o fallo deste xoves supón "volver ao día un", polo que é o primeiro paso, ao seu xuízo, para reactivar o diálogo, "atopar puntos de entendemento e pechar un acordo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta