Os traballadores de Alu Ibérica na Coruña secundan unha nova protesta nunha xornada de moita tensión na fábrica

Piden a "intervención" da factoría.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 17/12/2020 | Actualizada ás 20:27

Comparte esta noticia

Os traballadores da planta de Alu Ibérica na Coruña secundaron unha nova xornada de protestas, cunha concentración, para pedir a "intervención" da fábrica, nun día con episodios de tensión na planta.

Protesta do comité de empresa de Alu Ibérica na Coruña o xoves 15 de outubro
Protesta do comité de empresa de Alu Ibérica na Coruña o xoves 15 de outubro | Fonte: Comité.

Segundo o presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho, estaban a participar na concentración, convocada ante a Delegación do Goberno, cando lles avisaron do despedimento dunha compañeira.

"Un despedimento fulminante, con argumentos irracionais", expuxo. Iso levou a que, segundo relatou, se dirixisen ás oficinas, momento no que, segundo afirmou, vivíronse episodios de "tensión" coa dirección, cunha "discusión" entre as partes ao esixir explicacións o comité polo despedimento.

O presidente do comité de empresa explicou que tanto eles como a dirección chamaron a Policía, que, finalmente, engadiu, se presentou na fábrica.

"Foron momentos de alta tensión", recoñeceu Corbacho, quen cualificou de "tensión constante" as relacións coa empresa. Tamén manifestou que hai traballadores "que non cobraron a paga extra, outros non cobraron o mes de outubro e outro novembro".

"Onte deixouse sen limpar a planta e estivo Inspección Traballo", dixo en relación aos labores de limpeza polas medidas sanitarias debido á pandemia.

Pola súa banda, desde o Grupo Riesgo, actual propietario da fábrica, non quixeron pronunciarse polo momento sobre o sucedido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta