Outros cinco mortos pola Covid deixa o total de falecidos en Galicia en 1.332

Dúas das mortes están relacionadas con residencias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2020 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou este xoves cinco mortes con coronavirus --todas con patoloxías previas-- en Galicia nas últimas horas. Desta forma, o total de falecidos desde o comezo da pandemia ascende a 1.332.

Dúas das mortes están relacionadas con residencias. Por unha banda, unha muller de 84 anos falecida no Chus de Santiago, que procedía da residencia de Vilalba (Lugo). Ademais, faleceu unha muller de 89 anos na residencia Vila do Conde de Gondomar (Pontevedra).

Os outros óbitos comunicados este xoves son os de tres homes: de 83 anos (no CHUO de Ourense), 92 anos (no Chuac da Coruña) e de 81 anos (no Chuac). Estas cinco defuncións comunicadas superan ás do martes desta semana --catro-- e o mércores --catro--, aínda que son menos que as do pasado luns --sete--.

Un traballador sanitario totalmente protexido pecha a porta dunha ambulancia
Un traballador sanitario totalmente protexido pecha a porta dunha ambulancia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta