Os dominios .gal quedan a prezo de saldo estas festas

Custarán tan só 10 euros máis IVE por todo un ano.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2020 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

Quizais non sexa un dos agasallos máis tradicionais, pero sen dúbida é un obsequio con futuro. Os dominios web .gal --naturais de Galicia-- quedan a tan só 10 euros por ano logo dunha rebaixa do seu principal distribuídora, a marca PuntoGal, que conta coa autorización da ICANN. A este prezo, moi por baixo dos 45 euros recollidos noutras webs, débeselle sumar, iso si, o IVE.

O prezo dos dominios queda en 10 euros máis IVE ao ano. CONCELLO DE COLMENAR VIEJO
O prezo dos dominios queda en 10 euros máis IVE ao ano. CONCELLO DE COLMENAR VIEJO

Segundo destacan dende PuntoGal, a promoción de rebaixa de prezos estará aberta á totalidade do público entre o día 20 de decembro e o 10 de xaneiro. Para poder aproveitar a promoción, é preciso dirixirse ás empresas rexistradoras Dinahosting, Blacknight, Openprovider, INWX, Arsys e OVH.com, que ofrecen distintas políticas de prezos e servizos con rexistro de dominios novos. Ante estas circunstancias, PuntoGal recomenda visitar todas as páxinas das empresas participantes na promoción para atopar a que se adapte mellor ás súas necesidades.

Polo momento, xa son 5.600 os dominios rexistrados con esta marca definitoria de Galicia, propia das institucións, negocios e persoas que queren visibilizarse na rede poñendo por diante o seu carácter galego e diferenciándose así do resto de dominios. A visibilidade destas páxinas é cada vez maior grazas ás iniciativas de apoio acordadas entre PuntoGal, o navegador Firexos, a Real Academia ou o a propia ICANN.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta