O BNG e o PSOE pactan o orzamento "máis alto da historia" do Concello de Pontevedra para 2021

Conta con 80,7 millóns, pero prevese superen os 100 millóns ao incorporar os remanentes no primeiro trimestre.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2020 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

O BNG e o PSOE pactaron un orzamento no Concello de Pontevedra de 80,7 millóns de euros para 2021, que será o "máis alto da historia" en prol da "reactivación económica".

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), e o tenente de alcalde, Tino Fernández (PSOE), presentaron este venres en rolda de prensa o proxecto de orzamento municipal, que será a primeira fase dun plan económico que o Concello porá en marcha o ano que vén.

As contas do Concello de Pontevedra para o 2021 elévanse ata os 80,7 millóns de euros, aínda que a previsión que manexa o alcalde nunha segunda fase é que no primeiro trimestre do ano se aprobe a liquidación das contas do 2020, o que permitiría incorporar os remanentes, que suporán outros 20 millóns. Este incremento permitirá aumentar o capítulo destinado a investimentos no orzamento, que é agora é de 12,9 millóns de euros.

Nunha terceira fase deste plan económico, se se suman os convenios con outras administracións e as actuacións incluídas na adxudicación a Viaqua do contrato da auga, o Concello de Pontevedra disporía en total duns investimentos para o próximo ano que "roldarán os 100 millóns de euros", o que xerará ao redor de 2.000 postos de traballo.

"Consideramos que todas as administracións, e o Concello o primeiro, teñen que facer un esforzo para inxectar diñeiro na economía, porque é a maneira de xerar emprego e riqueza para saír desta crise", dixo o alcalde. O tenente de alcalde, Tino Fernández, subliñou que acordo alcanzado con este orzamento "expansivo" demostra que son "un goberno engraxado, que funciona ben".

Tino Fernández e Miguel Anxo Fernández Lores. CONCELLO DE PONTEVEDRA
Tino Fernández e Miguel Anxo Fernández Lores. CONCELLO DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

O borrador do orzamento será presentado a próxima semana ao grupo municipal do Partido Popular e ao concelleiro non adscrito, Goyo Revenga, coa previsión de que poida ser aprobado no pleno do mes de xaneiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta