Ana Pontón pon o foco sobre as normas "contraditorias" da Xunta: "cambian cada día"

A voceira nacional do BNG demanda "indicacións claras" contra a pandemia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2020 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

A líder do BNG, Ana Pontón, censurou o "galimatías" que, di, supoñen as normas da Xunta para o control do covid-19 e que "cambian cada día" e "algunhas son contraditorias", polo que se dirixiu ao presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, para demandarlle que o seu executivo ordene "indicacións claras" á cidadanía en aras de evitar unha terceira onda da pandemia.

En declaracións remitidas aos medios este sábado, Pontón expresou a súa preocupación pola evolución da pandemia e cargou contra a xestión da Administración autonómica, á que solicita un reforzo da atención primaria ante o inminente inicio do proceso de vacinación. Para a portavoz nacional do Bloque, é "intolerable" que "a resposta" da Xunta ante o incremento de casos "sexa un galimatías de normas que cambian cada día, algunhas contraditorias, cando o que pide a cidadanía é ter indicacións claras que lle permitan saber como actuar para coidarse e como coidarse en familia para minimizar os riscos de contaxio".

Deste xeito, cre que "non é de recibo" que a estratexia de Feijóo sexa "descargar todo na responsabilidade" dos cidadáns e que, ademais, "non achegue" indicacións "claras" e "comprensibles" sobre como actuar. Por iso, solicita que abandone a súa postura "timorata" á hora de adoptar medidas e que ateponga a saúde a calquera asunto. "Non se trata de salvar o Nadal, senón de que podamos pasar moito máis nadal xuntas", apostilou.

VACINACIÓN

Así mesmo, a líder nacionalista tamén se pronunciou sobre o inicio do proceso de vacinación, que a Xunta prevé activar a partir da próxima semana. Pontón reclama ao Goberno galego "que non improvise" e elabore un plan de contigencia para levar a cabo un proceso de vacinación "ordenado e planficado".

E é que, para a portavoz do Bloque, "sería gravísimo" que a vacinación "se converta nunha carreira para ver quen se colga medallas", algo que, di, xa ocorreu durante a desescalada do confinamento da pasada primavera.

Ana Pontón, líder do BNG. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
Ana Pontón, líder do BNG. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Esta muller empeza a parecer parva de vez ! Acaso non estamos todos e todas fartas destas liortas sen fin dende hai 9 meses do parto do Estado de Alarma Perpetuo ? Nons sería mellor escoitar á lideresa do BNG abrir vías de futuro para Galicia ? Para galimatías os informes sucesivos do ministro Illa e as correccións de erros dun tal Simón (que seica lle cae ben a todo dios!) // Algúns estamos ata o carallo das descualificacións GRATUITAS ! Queremos falar da Reconstrucción de Galicia !!! https://twitter.com/00Gamela/status... E non de como se vai lexitimando o BNG na Oposición Permanente !!!