Galicia rexistra dous falecidos con covid, a cifra máis baixa dende finais de novembro

O total de vítimas en Galicia ascende a 1.338 despois da morte de dous anciáns con patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2020 | Actualizada ás 21:03

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou este sábado dous falecidos con coronavirus nas últimas horas, de forma que o total de vítimas en Galicia ascende a 1.338. Estes dous falecidos supoñen a menor cifra na comunidade galega desde o 28 de novembro, día no que se produciu o mesmo dato. Os dous óbitos producíronse no CHOP de Pontevedra. Trátase dunha muller de 87 anos e un home de 97 anos. Ambos tiñan patoloxías previas.

Un traballador sanitario totalmente protexido traslada unha padiola nas inmediacións da residencia de anciáns de San Cibrao.. Carlos Castro - Europa Press
Un traballador sanitario totalmente protexido traslada unha padiola nas inmediacións da residencia de anciáns de San Cibrao.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta