O cantante e mestre Jasper: "É unha irresponsabilidade total que a Xunta se faga insumisa á Lei Celaá"

"A resposta da Xunta sempre é 'Ti vai facendo'", explica sobre o protocolo covid o vocalista de Nao.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2020 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

Enriba do escenario pero tamén a pé de aula, Jasper, vocalista e guitarra de Nao, pronúnciase sen pelos na lingua. Sempre reivindicativo, este mestre, coordinador covid de primaria no seu centro, acusa de "irresponsabilidade total" á Xunta e "á dereita" por tratar de "boicotear" a Lei Celaá.

"Teñen que dar exemplo. Non se poden incumprir as leis desta maneira. Ata a nivel sindical, como CIG-Ensino, chamouse a non ser insumisos contra a norma que nos impide dar matemáticas en galego", contrasta, nunha entrevista con Europa Press. Un ano despois da despedida de Nao sae 'Adeus e grazas', un DVD que recolle aquel directo no recinto feiral de Amio que foi como "un abrazo colectivo". Xunto ao concerto incorpora un documental sobre a historia do grupo.

Unha historia, destaca o seu líder, "digna de contar" e que serve como "agasallo de fin de ano" para os fans. O "legado" dunha banda que presenta como o "mellor orgullo" converterse en 'mainstream', un grupo "de masas", cando facía un son e cantaba nun idioma que "non están de moda". Moitos afeccionados de Nao tiñan feito o 'pre order' do DVD hai case un ano e "había moita expectación", pero a pandemia da covid-19 fixo que a súa chegada tardase máis do esperado. "Ninguén protestou e tomárono moi ben... A verdade é que é unha sorte ter fans así", resalta Jasper.

Enfrascado xa en novos proxectos, de momento exponllos "de portas cara adentro", pero avanza que está a probar con "estilos diversos, máis duros e máis suaves" e asegura que non para de escribir e compor, coa guitarra acústica e tamén en formato eléctrico. Aínda que recoñece que non lle gustan os proxectos individuais, non o descarta.

O "SACRIFICIO" DOS DOCENTES

Na súa faceta de mestre, Jasper denuncia "moita improvisación" e unha formación "nula" para os que, como el, exercen a figura de 'coordinador covid' nos centros educativos. "Moitos batifondos, tivemos que cambiar o horario, partir os recreos, e ao final habilitamos a biblioteca como segundo comedor porque non tiñamos espazo suficiente", conta. Por parte da Xunta, afirma que a resposta ás súas dúbidas era "ti vai facendo", polo que os profesores sentíronse "bastante desamparados" e, aínda así, celebra non ter que afrontar ningún contaxio no seu colexio, algo que atribúe ao "sacrificio" dos profesionais.

A banda galega Nave, no seu último concerto en Amio. SANDRA MATO - Arquivo
A banda galega Nave, no seu último concerto en Amio. SANDRA MATO - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta