Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2020 | Actualizada ás 19:30
O corpo sen vida do veciño de Baio --localidade do concello coruñés de Zas-- desaparecido fai nove días do seu fogar foi recuperado do mar este domingo no porto da localidade coruñesa de Laxe, segundo confirmaron a Europa Press fontes próximas ao caso. O cadáver de Manuel Rodríguez, cuxa desaparición foi denunciada o pasado xoves 10 de decembro polos seus familiares, atopábase no interior do seu vehículo, que foi localizado no mediodía deste domingo no porto de Laxe.
Unha vez fora da auga, o corpo foi identificado por dous familiares de Manuel Rodríguez, de 54 anos e que fora visto por última vez o 10 de decembro ás 06,30 horas, cando saíu da súa casa para dirixirse ao traballo. Ao longo do últimos dez días, especialmente o pasado fin de semana, un amplo dispositivo no que chegaron a empregarse máis de 50 persoas e medios aéreos e terrestres trataron de dar co paradoiro do desaparecido. As pescudas centráronse desde un primeiro momento no vehículo de Manuel Rodríguez, onde finalmente foi atopado o seu cadáver este domingo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.