A Xunta saca no DOG a convocatoria de case 1.000 prazas de persoal estatutario do Sergas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2020 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a aprobación da oferta de emprego público de diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (Sergas) --un total de 973-- para este ano, aínda que a convocatoria non se materializará ata 2021.

En concreto, recolle unha corrección tras advertir un erro na publicación do DOG do 18 de decembro, no que se facía mención a 12 prazas de persoal funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria, un número ao que se suman agora estas 973 prazas co que, en total, a oferta de emprego público correspondente ao ámbito sanitario será de 985.

Destas 973 prazas de persoal estatutario, 652 corresponden a persoal facultativo; 275 a persoal sanitario diplomado e de formación profesional e 46 a xestión e servizos. Ademais, reservaranse 49 prazas para persoal con discapacidade xeral e 20 para o seu acceso por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

O texto publicado este luns recolle que a distribución por categorías/especialidades e sistemas de acceso realizarase de conformidade ao disposto no articulado do decreto, cun sistema de selección mediante concurso-oposición. Con carácter xeral, reservarase un 50% do total das prazas que se convoquen en cada categoría/especialidade para a súa provisión polo sistema de promoción interna.

"Non obstante o anterior, poderase establecer unha reserva inferior cando así veña xustificado pola planificación eficiente das necesidades, polas características específicas da categoría/especialidade ou pola propia titulación requirida para o acceso", engade.

Un profesional do servizo de Alergología e un paciente durnte unha consulta. SERGAS
Un profesional do servizo de Alergología e un paciente durnte unha consulta. SERGAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta