Feijóo pide "reforzar" as inspeccións de lugares concorridos nas datas do Nadal

O presidente advirte de que son claves "oito días", os que van desde o 24 ao 27 e do 31 de decembro ao 2 de xaneiro

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/12/2020 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, adiantou que na reunión de seguridade que se celebrará este martes, na que participarán os representantes das forzas de seguridade e a Fegamp, se pedirá "reforzar" as zonas "concorridas" e a vixilancia no tramo horario entre as 18 e as 22 horas.

Feijóo pediu especial atención nos oito días acumulados de "festas", é dicir, entre o 24 e o 27 de decembro e o 31 de decembro e o 2 de xaneiro. A reunión deste martes será coa Delegación do Goberno --como representante da Garda Civil e Policía Nacional-- e cos xefes das policías locais, un representante de Protección Civil, así como o presidente da Federación de Municipios e Provincias (Fegamp), o tamén rexedor de Vilagarcía Alberto Varela.

O Goberno autonómico exercerá nesta reunión, manifestou Feijóo, como "autoridade delegada no estado de alarma" e, neste ámbito de competencias, a Xunta pedirá aos corpos de seguridade "prioridade" nas inspeccións, nos lugares máis concorridos nestas datas, como terrazas de restauración ou rúas comerciais.

"O que imos transmitir é pedirlles prioridade durante estas datas na inspección dos lugares máis concorridos en hostalaría, bares, terrazas, nas rúas comerciais, que nos axuden a cumprir as distancias, as normas de máscara e tamén o resto do protocolo", adiantou Feijóo.

DECIÓNS DO COMITÉ CLÍNICO

A preguntas dos xornalistas, Feijóo manifestou que as decisións, como se fixo desde marzo, tomaranse tras a "análise profunda" dos membros do comité clínico, que o conforman 35 persoas con expertos sanitarios procedentes de todas as especialidades e de todas as áreas sanitarias. Así mesmo, o mandatario autonómico lembrou que na reunión deste luns se avaliará a incidencia a 14 días, pero especialmente tamén no últimos tres e sete días, que van concretar "os comportamentos" das próximas semanas.

Feijóo lembrou que as decisións se tomarán "en base á incidencia" e remitiu á rolda de prensa que haberá este martes para facer públicas as decisións.

Con todo, xa manifestou que a Xunta "fixo ben pechando Santiago", porque a incidencia "se estaba disparando" e está "nunha situación complexa neste momento. "É a cidade con maior incidencia", apuntou, á vez que contrapuxo con que Lugo está "claramente mellorando", e outras "se manteñen" de forma "razoable", como é o caso da Coruña.

Nunha situación "cómoda" está Ourense, cuxa reapertura foi ao mesmo tempo que a de Santiago pero con diferente evolución, e Pontevedra, "ten moito que mellorar". Vigo e Ferrol, pola súa banda, presentan mellor evolución. "Imos pegar un repaso e tomaremos as decisións que correspondan", sentenciou.

Nadal en Santiago  de Compostela, en decembro de 2020
Nadal en Santiago de Compostela, en decembro de 2020 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta