O Parlamento resalta o "moito avanzado" en Galicia durante os 40 anos do Estatuto de Autonomía

O 21 de decembro de 1980 someteuse a referendo o Estatuto de Atuonomía, o que supuxo "a primeira fase do longo camiño percorrido por Galicia para dotarse dun marco xurídico sustentador da súa autonomía política".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2020 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

O presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, tomou a palabra este luns para conmemorar o "moito que avanzou Galicia" nos 40 anos do Estatuto de Autonomía de Galicia, nunha intervención na que rendeu tributo a todos os que se entregaron en "corpo e alma" aos que posibilitaron o seu autogoberno.

Nesta declaración no pleno da Cámara galega, Santalices valorou o traballo dos que "sortearon toda clase de atrancos" para alcanzar este texto "antes de ser plebiscitado".

"Homenaxeamos tamén, por suposto, a cantos ofreceron o mellor de si na conformación das diferentes propostas elaboradas na década dos 30 do pasado século e que culminaron co referendo estatutario celebrado o 28 de xuño de 1936", reflexiona.

O 21 de decembro de 1980 someteuse a referendo o Estatuto de Atuonomía, o que supuxo "a primeira fase do longo camiño percorrido por Galicia para dotarse dun marco xurídico sustentador da súa autonomía política" e que se desenvolveu "lentamente", pero "con tanta solidez como nas democracias máis consolidadas".

"O estalido da Guerra Civil impediu completar a tramitación daquel estatuto nas Cortes", apunta. Con todo, "a semente, adormentada durante a ditadura, acabou por ofrecer o seu froito" en forma de "recoñecemento constitucional á condición de nacionalidade histórica".

"España e Galicia atravesaron neste catro décadas o período de maior crecemento económico e estabilidade social de toda a nosa historia milenaria", subliña. Por iso, chama a avanzar por esta senda para dar lugar a maiores cotas de benestar. Considera que se Galicia posúe unha "autonomía plena" é "consecuencia" deste Estatuto.

Pleno do Parlamento galego. PARLAMENTO
Pleno do Parlamento galego. PARLAMENTO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta