Cultura e dinamización comercial, protagonistas deste Nadal en Verín

O Concello de Verín presentou a súa programación de Nadal co obxectivo de recuperar a “cultura segura” e potenciar o consumo no comercio local "sen baixar a garda".

Por X.M. Fernández | Verín | 22/12/2020 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

O tradicional Belén da Viruca, o reforzo na iluminación de Nadal, tres eventos culturais de primeiro nivel enfocados a todos os públicos, pasarrúas temáticos, unha cabalgata de reis estática e o sorteo de 6.000 euros para incentivar o consumo no comercio local son as accións que conforman a programación do nadal verinés deste ano.

Iluminación de Nadal en Verín. Foto: Prensa Concello
Iluminación de Nadal en Verín. Foto: Prensa Concello

Ademais das Concellerías de Educación, Cultura e Festexos e de Comercio Local do Concello de Verín, ten un papel importante na organización destas actividades a Asociación de Empresarios de Verín (AEVER).

Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos, deulle importancia á necesidade de recuperar unha "cultura segura" e informou de que as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente estarán en Verín, este ano, dunha maneira diferente. En palabras de Somoza: "preparamos a súa chegada de forma segura, organizando unha cabalgata estática na Praza do Concello de Verín, na que os máis pequenos da casa poderán visitar ás súas maxestades e deixarlle as súas cartas".

VÍDEO PROMOCIONAL PARA INCENTIVAR O CONSUMO LOCAL

Así mesmo, o Concello de Verín, a través da área de Promoción do Comercio Local, dirixida por María Isabel González, encargou a gravación dun vídeo promocional de apoio ao pequeno comercio cuxa finalidade é incentivar o consumo local e reactivar unha economía mermada polos efectos da Covid-19. Tras a súa estrea, poderase ver no Facebook e na páxina web do  Concello de Verín.

“Xuntos, é o momento de  apoiarnos”, é o lema que funciona como reclamo deste traballo audiovisual. Unha iniciativa que forma parte das accións de apoio ao Comercio Local implementadas polo grupo de goberno, a través da área de Promoción do Comercio Local, e que comprende un amplo paquete de medidas.

A programación completa e ao detalle pódese seguir na páxina web do Concello de Verín.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta