O Gordo da Lotaría de Nadal reparte sorte no Grove, O Porriño e Vigo

O segundo premio recaeu en Ferrol e o terceiro en Ourense. Galicia faise tamén con tres quintos premios. Séntese alegría nas administracións que venderon os boletos.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 22/12/2020 | Actualizada ás 09:58

Comparte esta noticia

O 'Gordo' do Sorteo de Nadal caeu na provincia de Pontevedra coa súa venda no Grove, O Porriño e Vigo, segundo a información facilitada pola Sociedade Estatal de Lotarías e Apostas do Estado. Foi sobre as 12,02 horas cando se coñeceu o número no que recaído este premio, o 72.897, que reparte 4 millóns á serie, 400.000 euros ao décimo.

Un loteiro na administración de lotaría situada na rúa Porta do Sol, 12, na que se repartiu parte do número `72.897´ correspondente a 'El Gordo' da Lotaría de Nadal, en Vigo, Pontevedra, Galicia (España), a 22 de decembro de 2020.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Un loteiro na administración de lotaría situada na rúa Porta do Sol, 12, na que se repartiu parte do número `72.897´ correspondente a 'El Gordo' da Lotaría de Nadal, en Vigo, Pontevedra, Galicia (España), a 22 de decembro de 2020.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press

Así, a administración de lotaría do Grove, unha dos tres establecementos da provincia pontevedresa na que recaeu o 'Gordo', o 72.897, repartiu un premio de catro millóns ao vender unha serie. Así o confirmou o propietario da administración, Manuel Rodríguez, así como o seu irmán Efrén. "Foi en portelo", explicou o primeiro sobre a venda dun premio que supón 400.000 euros ao décimo.

Ademais, mostrouse moi contento por repartir un premio tras "o traballo deste ano, de sacrificio". "Oxalá quede aquí entre os veciños, para iso traballamos, para repartir premios e ilusión entre os veciños". Pola súa banda, o seu irmán, tamén desde a administración, asegurou a Europa Press que, con anterioridade, repartiran un terceiro premio do Sorteo de Nadal, pero non o 'Gordo'. "Dobre alegría", dixo polo feito de que o repartiron no actual contexto de pandemia. "Celebrarémolo con champaña e pasteliños", dixo.

SEGUNDO PREMIO

Un segundo premio do Sorteo de Nadal, o 6.095, recaeu en Ferrol. Foi despois das 13,00 horas cando se coñeceu este segundo premio, ao que pouco despois se sumou un quinto premio, o 43.831, tamén vendido en Galicia en distintas localidades galegas neste caso.

TERCEIRO E CUARTO PREMIO

O terceiro premio do Sorteo de Nadal, o 52.472, recaeu en Ourense, xunto a outra decena de localidades españolas. Fíxoo sobre as 11,30 horas. Trátase dun premio con 500.000 euros á serie e un total de 50.000 euros por boleto premiado e que se suma aos quintos premios que recaeron en Galicia.

Ademais, os municipios pontevedreses de Cambados e O Porriño repartiron a sorte coa venda dun cuarto premio, o 75.981, que saíu ao redor das 11,55 horas no Sorteo de Nadal. A administración de lotaría número 1 de Cambados, situada na praza de Abastos, vendeu o premio, repartido entre distintas localidades españolas. En Galicia, só recaeu na provincia de Pontevedra xa que, ademais de en Cambados, vendeuse no Porriño, na rúa Ramón González, 7.

Mais non foi o único. Outro cuarto premio do Sorteo de Nadal 2020 caeu tamén na cidade de Vigo. Foi o número 38.341, que saíu pouco despois das 12,40 horas. A administración de lotarías número 17 de Vigo, situada no 120 da rúa Urzáiz, vendeu máis de 500 décimos deste número. Segundo explicou o seu responsable, Vicente López, a noticia da 'choiva de millóns' pillouno algo desprevido. "Xa non contaba con nada, pensei que xa non tocaba nada", sinalou, á vez que explicou que vendeu 52 series do número premiado, é dicir, 520 décimos.

Isto supón a 'repartición' de 10,4 millóns de euros, 20.000 euros por cada décimo premiado. "Aínda non sei a quen llos vendemos, teño que revisar a lista", precisou. Vicente López, quen asegurou que este premio "vai vir ben para Vigo", aclarou que "aínda" non se achegou á súa administración ningún dos compradores do boleto premiado.

TRES QUINTOS PREMIOS

O Sorteoda Lotaría de Nadal repartiu tamén tres quintos premios en Galicia. O 86.986 e o 37.023 saíron en apenas uns minutos de diferenza, o primeiro ás 09,17 e o segundo ás 09,20 horas. O terceiro deles, o 19.371, apareceu ás 10,42 horas, algo máis dunha hora despois, e caeu en concreto na localidade lucense de Lourenzá, onde se repartiron 60.000 euros.

O primeiro foi o máis repartido, xa que foi distribuído nas localidades da Coruña, Oleiros, Bergondo, Vigo, O Porriño, Noia, Becerreá, O Carballiño, Ponte Caldelas e Caldas de Reis; mentres que o segundo vendeuse en Santiago de Compostela.

Concretamente, a administración de lotaría número 3 de Santiago de Compostela repartiu 60.000 euros do número 37.023 euros, un deses dous quintos premios que recaeu en Galicia. O propietario desta administración, situada en Rúa do Vilar, mostrábase contento pola venda dunha serie --6.000 euros ao décimo-- neste sorteo, especialmente neste contexto de pandemia. "Sempre provoca alegría, pero este ano máis", recoñeceu José Luís Tojo, o propietario, con experiencia xa na repartición de premios neste sorteo.

O Sorteo Extraordinario da Lotaría de Nadal 2020 reparte este martes un total de 2.408 millóns de euros en premios, 28 millóns máis que o ano anterior. Entre os premios repartidos pola Lotaría de Nadal destaca o popularmente coñecido como 'Gordo' de Nadal, o primeiro premio, de 400.000 euros ao décimo.

O segundo premio será de 125.000 euros ao décimo e o terceiro repartirá 50.000 euros ao décimo. Ademais, hai dous cuartos de 20.000 euros e oito quintos de 6.000 euros ao décimo. O importe do décimo segue sendo de 20 euros.

ALEGRÍA

Sorpresa e alegría é a tónica nalgunhas administracións ou puntos de venda de lotaría de Nadal ao saber que repartiran algún dos dous quintos premios en Galicia.

Este foi o caso da propietaria do establecemento de Oleiros, Verónica Ferreiro, no que recaeu o primeiro quinto premio en saír, o 86.986. Pendente de contactar coa delegación de Lotarías do Estado, afirmaba estar a esperar a confirmar canto repartira nun establecemento dedicado tamén a libraría e próximo ao consistorio.

"Levo dous anos e é a primeira vez que reparto algo", dicía cautelosa á espera de ratificar o premio e a contía repartida con Lotarías do Estado. Tamén con alegría, a pesar de vender só un décimo, mostrouse a propietaria do establecemento de Ponte Caldelas, que repartiu tamén este quinto premio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta