O sorteo de Lotaría do Nadal deixa en Galicia máis de 16 millóns de euros

O "Gordo" toca a provincia de Pontevedra, e a Ferrol e Ourense van o segundo e terceiro premio. Os máis madrugadores foron dous quintos premios, que o fixeron pasadas as 09,15 horas e cuns minutos de diferenza.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2020 | Actualizada ás 16:08

Comparte esta noticia

O Sorteo Extraordinario da Lotaría de Nadal 2020 deixou en Galicia máis de 16 millóns en premios, ao tocar todos os que se reparten, entre eles o 'Gordo', que recaeu nas localidades pontevedresas de Vigo, O Grove e O Porriño.

A administración de lotarías número 17 de Vigo, situada no 120 da rúa Urzáiz repartiu 10,4 millóns, ao vender máis de 500 décimos do número 38.341, agraciado cun dos cuartos premios no sorteo deste 22 de decembro.

Segundo explicou o seu responsable, Vicente López, "xa non contaba con nada, pensei que xa non tocaba nada", sinalou, á vez que explicou que vendeu 52 series do número premiado, é dicir, 520 décimos.

QUINTOS PREMIOS, PRIMEIROS EN SAÍR

Os máis madrugadores foron dous quintos premios, o 86.986 --o primeiro en saír-- e o 37.023, que o fixeron pasadas as 09,15 horas e con apenas uns minutos de diferenza.

O primeiro foi o máis repartido xa que foi distribuído nas localidades da Coruña, Oleiros, Bergondo, Vigo, O Porriño, Noia, Becerreá, O Carballiño, Ponte Caldelas e Caldas de Reis; mentres que o segundo vendeuse en Santiago de Compostela.

Ao primeiro quinto premio sumáronse, no transcurso da mañá, outros dous que tamén tocaron en Galicia: o 19.371, que caeu en Lourenzá, onde a administración de lotaría vendeu como na de Santiago, unha serie repartindo, en cada unha delas, 60.000 euros. Xa pouco antes de terminar o sorteo, saíu outro quinto premio, o 43.831, moi repartido tanto en Galicia como en España.

E é que na comunidade autónoma galega vendeuse en Lugo, en Ourense, na cidade da Coruña e no municipio coruñés de Teo, no Carballiño e nas localidades pontevedresas de Ponteareas, Meis e Moraña, ademais da propia cidade de Pontevedra.

O 'GORDO', EN PONTEVEDRA

Esta provincia foi onde caeron a maioría dos premios, empezando polo 'Gordo', que saíu pasados dous minutos das doce do mediodía e que foi vendido no Porriño, no mesmo establecemento que repartiu un cuarto premio, repartindo 426.000 euros en premios; no Grove --só esta administración vendeu unha serie completa, o que supón un premio de 4 millóns--, e en Vigo, na Porta do Sol.

A sorte tamén chegou ao municipio pontevedrés de Cambados, que repartiu, co 75.981 --xunto co Porriño-- un cuarto premio. O outro, o 38.341, foi para Vigo, xunto con outras localidades españolas.

Pero tamén Galicia tivo fortuna cun segundo e terceiro premio. O primeiro en saír foi este último, o 52.472, sobre as 11,30 horas, un número que se vendeu no caso desta autonomía só en Ourense. En canto ao segundo premio, que saíu pasadas a unha da tarde, o número 6.095 foi vendido en Ferrol, en concreto unha serie, segundo informa Lotarías do Estado, cun premio de 1.250.000 euros.


Tres loteiros brindan con champaña na administración de lotaría situada na rúa Ramón González, 7 na que se repartiu parte do número `72.897´ correspondente a 'El Gordo' da Lotaría de Nadal, no Porriño, Pontevedra. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Tres loteiros brindan con champaña na administración de lotaría situada na rúa Ramón González, 7 na que se repartiu parte do número `72.897´ correspondente a 'El Gordo' da Lotaría de Nadal, no Porriño, Pontevedra. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta