Sanidade cribará a case 3.000 veciños de Rianxo tras dispararse os casos de covid

O cribado realizado en Carnota a 840 persoas --o 74% dos convocados-- non detectou ningún caso positivo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2020 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

Profesionais do servizo de Medicina Preventiva da área sanitaria de Santiago-Barbanza realizarán entre este mércores e o xoves un cribado poboacional de covid-19 a 2.900 cidadáns de Rianxo, unha das áreas máis afectadas pola enfermidade.

En concreto, segundo informaron fontes da área sanitaria, serán citados a través de SMS 2.900 persoas de entre 55 e 75 anos con cartón sanitario en Rianxo e deberán acudir á hora á que se lles indica ao Hospital do Barbanza, onde lles tomarán a mostra.

A evolución epidemiolóxica do municipio de Rianxo nos últimos días motivou que o comité clínico decidise, na súa reunión deste luns, elevar as restricións desde o nivel básico ao máximo, o que implica, entre outras cuestións, o peche perimetral da localidade e a limitación de reunións a catro persoas.

Isto débese en boa parte, segundo reflicte o DOG que fai oficiais as medidas, ao ascenso da incidencia acumulada a 14 días, que é a día de hoxe 1,5 veces superior á contabilizada hai unha semana, ata os 308,2 casos por 100.000 habitantes.

Cribado. Foto de arquivo.. EDUARDO BRIONES
Cribado. Foto de arquivo.. EDUARDO BRIONES | Fonte: EUROPA PRESS

CRIBADO CARNOTA

Por outra banda, a área sanitaria de Santiago-Barbanza informou este mércores de que o cribado realizado no municipio de Carnota a 840 persoas --o 74% dos convocados-- non detectou ningún caso positivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta