Moito ollo: tramitadas 65 denuncias por incumprir os peches perimetrais no último fin de semana

27 delas foron na provincia da Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2020 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Autonómica tramitaron 65 denuncias en controis no conxunto da comunidade galega para o cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades polo covid-19, 27 delas na provincia da Coruña, segundo datos achegados pola Delegación Territorial da Xunta.

En concreto, na provincia coruñesa levaron a cabo durante este fin de semana, do 18 ao 20 de decembro, 32 dispositivos na provincia da Coruña no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades pola covid-19.

Como resultado destes controis, os axentes realizaron 63 inspeccións en 12 concellos da provincia no pasado fin de semana, que deron como resultado a identificación de 25 persoas e a tramitación de 27 actas de infracción, segundo informa a Delegación territorial da Xunta. No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron en 126 dispositivos en 43 municipios cun total de 250 inspeccións, con máis de 226 persoas identificadas e 65 denuncias tramitadas. Os dispositivos no caso da provincia coruñesa leváronse a cabo en Arteixo, Boiro, Carballo, A Coruña, Ferrol, A Laracha, Narón, A Pobra, As Pontes, Ribeira, Santiago de Compostela e Teo.

Varios axentes de Policía Nacional durante un control de mobilidade na parroquia do Castiñeiriño (Santiago de Compostela), na entrada e saída Santiago cara a Ourense, Galicia (España), a 3 de novembro de 2020. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Varios axentes de Policía Nacional durante un control de mobilidade na parroquia do Castiñeiriño (Santiago de Compostela), na entrada e saída Santiago cara a Ourense, Galicia (España), a 3 de novembro de 2020. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta