A corentena afecta a 53 aulas nos centros galegos mentres se contabilizan 846 casos de covid no alumnado

Continúan pechadas tres escolas infantís en Lugo, Vigo e Tui.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2020 | Actualizada ás 15:54

Comparte esta noticia

Galicia mantén en corentena ás portas das vacacións do Nadal un total de 53 aulas nos centros educativos galegos, que contabilizan 846 casos de coronavirus, 12 menos que hai 24 horas. Así figura nos datos relativos a este mércores que ofrecen diariamente as autoridades sanitarias sobre a evolución da pandemia na comunidade educativa galega.

Deste xeito, permanecen pechadas tres escolas infantís nas que se detectaron casos de covid-19. Trátase do Barrio Sésamo 4 de Lugo, a Chiquis de Pontevedra e a de Cáritas Tui-Vigo na cidade olívica. Todas elas manteñen as súas portas pechadas desde hai días.

En canto ao número de aulas pechadas, a cifra global descenden a 53 este mércores. Son dous menos que as que había na xornada anterior, respecto da cal tamén baixa o número de casos activos ata situarse en 846, doce menos. Como colexio con maior incidencia de Galicia continúa o CPR Plurilingüe A Grande Obra de Atocha da Coruña, cun total de 23 positivos --un menos con respecto aos datos do sábado--, pero cunha soa aula pechada.

Con todo, por áreas, a comunidade educativa máis afectada é a da contorna de Vigo, a pesar de que notifica unha lixeira mellora por segundo día consecutivo. En concreto, rexistra este mércores 195 casos de coronavirus --catro menos--, aínda que o número de aulas en corentena aumenta ata as 10 --unha máis--, ademais da gardaría de Cáritas pechada.

Tras a viguesa, sitúase agora a de Pontevedra, que adianta a Santiago tras aumentar a 164 --tres máis-- os casos activos con 10 aulas pechadas. Ademais do peche da escola infantil Chiquis da capital, cabe destacar a situación do IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa, con oito contaxiados, e a do CEIP Rosalía de Castro do Grove, con sete infectados que obrigan a manter pechadas tres clases.

Despois está a área de Santiago, onde descenden timidamente os casos. Son agora 161 os infectados relacionados cos seus centros --tres menos-- e 11 as unidades en corentena --unha menos--. O centro máis afectado é o CPR Plurilingüe María Assumpta de Noia, aunuqe baixan en tres os casos activos ata os 6, os mesmos que ten o IES Pontepedriña de Santiago.

A CORUÑA, FERROL, LUGO E OURENSE

A cuarta área máis afectada é a da Coruña, que mellora por segundo día os datos tanto nos casos de covid asociados aos seus centros --14, dous menos-- como nas aulas en corentena --5, dúas menos--.

A zona coruñesa ten o colexio máis afectado de Galicia, o Grande Obra de Atocha da cidade herculina, pero hai outro centro, o IES Fin do Camiño de Fisterra, que contabiliza unha decena de positivos asociados. Por baixo do centenar de casos de covid-19 nos centros educativos mantéñense unha xornada máis Lugo, Ferrol e Ourense. Esta última contabiliza 70 contaxiados, un máis que nos datos do martes, mentres que as aulas pechadas seguen en catro.

Como casos máis graves da provincia están o IES Manuel Chamoso Lamas do Carballiño e o CPR Plurilingüe Santo Anxo da cidade de Ourense, aínda que só contabilizan catro positivos. Os datos deste martes reflicten un empeoramento na situación de Lugo e unha mellora na de Ferrol, que pasa a ser a que menos impacto ten a pandemia nestes momentos no referente a centros de ensino.

E é que en Lugo aumentan en cinco os casos ata elevar o global a 62 que obrigan a manter pechadas sete aulas --sen cambios--, ademais dunha escola infantil. O CEIP Plurilingüe de Xermade segue como o máis afectado con nove casos. Por contra, na área de Ferrol baixan a 54 os casos activos --doce menos-- na súa comunidade educativa, onde hai cinco aulas en corentena --dúas menos--. Os centros máis afectados son o CEIP Plurilingüe A Magdalena das Pontes e o IES Sofía Casanova da cidade departamental, ambos con cinco infectados.

Estudantes realizan os exames de Selectividade este ano.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Estudantes realizan os exames de Selectividade este ano.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta