(Vídeo) Así será este Nadal: celebracións pero moi diferentes a doutros anos

GC falou con galegos e galegas para saber como van ser as súas festas de Nadal. Unhas festas que estarán marcadas polas limitacións e as restricións promovidas para frear a pandemia da Covid-19.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/12/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Esta Noiteboa será a máis atípica das anteriores. A pandemia pola Covid-19 non permitirá que moitos poidan ver aos seus familiares e, os que poidan xuntarse cos seus, terán que cumprir unhas medidas de seguridade co fin de evitar contaxios.

Iluminación de Nadal en Verín. Foto: Prensa Concello
Iluminación de Nadal en Verín. Foto: Prensa Concello

No caso de Galicia, a Xunta permitiu que os galegos e galegas poidan viaxar entre municipios, aínda que estes teñan peches perimetrais, mais só dous días: entre as 0:00 horas do 23 de decembro e as 23:00 horas do 25 de decembro. 

Ademais, grazas ao análise da evolución epidemiolóxica en Galicia, o Comité clínico decidiu permitir ás familias galegas reunir ata 10 persoas nas ceas de Noiteboa, incluíndo nenos, o que equivale a dúas unidades familiares.

As mortes pola pandemia da Covid-19, a distancia de seguridade entre os comensais, a obriga de ter posta a máscara, os familiares en residencias ou hospitais, etc. provocan que estas sexan as festas máis tristes da historia, mais o Nadal, como din os galegos, "sempre debe vivirse con ilusión".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta