A covid tampouco respecta o Nadal e deixa catro novos falecidos

Dous morreron na Coruña, outra en Ferrol e outra en Vilagarcía de Arousa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/12/2020 | Actualizada ás 21:13

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou na tarde deste venres, día de Nadal, outras catro vítimas mortais da covid-19, polo que o total desde o inicio da pandemia elévase a 1.363.

En concreto, dous dos novos falecementos producíronse no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac): dous homes de 90 e 87 anos, respectivamente.

Ademais, o Hospital do Salnés, en Vilagaría de Arousa, notificou a morte dunha muller de 91 anos que estaba diagnosticada de covid-19. Finalmente, tamén o Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol rexistrou este venres un falecemento, concretamente o dun home de 92 anos. Todas estas novas vítimas presentaban patoloxías previas, segundo confirmou Sanidade.

Un traballador sanitario totalmente protexido traslada unha padiola nas inmediacións da residencia de anciáns de San Cibrao.. Carlos Castro - Europa Press
Un traballador sanitario totalmente protexido traslada unha padiola nas inmediacións da residencia de anciáns de San Cibrao.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta