Galicia blíndase para recibir as 500 vacinas que escoltadas pola Garda Civil desde Guadalaxara

Tamén establecerá outro dispositivo entre a Garda Civil, a Policía Nacional e a Autonómica para recibir as 18.000 vacinas o luns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2020 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

A Delegación do Goberno en Galicia coordina o dispositivo para a chegada das primeiras 500 vacinas contra o coronavirus de Pfizer-BioNTech, tras saír pola noite do almacén de Guadalaxara onde se atopan. Estarán escoltadas pola Garda Civil co apoio da Policía Nacional, que logo as custodiará nun lugar segredo.

Deste xeito, as doses poderán ser entregadas á Xunta á primeira hora do domingo para ser administradas nunha residencia de maiores da área sanitaria de Santiago. Todo este operarivo busca "garantir a chegada e posterior distribución da vacina", segundo explicou a Delegación do Goberno nun comunicado.

Precisamente, o titular desta institución, Javier Losada, presidiu este sábado a reunión para avanzar neste dispositivo de seguridade da man do xefe superior da Policía de Galicia, José Luís Balseiro, e do responsable da Garda Civil, Francisco Javier Jambrina.

Este encontro, celebrado na sede da Delegación do Goberno, na Coruña, serviu para abordar o operativo e para agradecer ás forzas e corpos de seguridade o "traballo e coordinación" entre ambos e coa Xunta de Galicia.

Ademais, de cara á chegada o luns da segunda remesa cunhas 18.000 vacinas --previstas para administrar o martes--, establecerase outro dispositivo entre a Garda Civil, a Policía Nacional e a Autonómica para efectuar a "distribución capilar" destas doses por toda a Comunidade.

Persoal dos laboratorios que desenvolveron as vacinas, Pfizer e BioNtech abren a caixa coas doses para entregalas a técnicos da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios para a súa certificación e a persoal do Exército que reco. Moncloa
Persoal dos laboratorios que desenvolveron as vacinas, Pfizer e BioNtech abren a caixa coas doses para entregalas a técnicos da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios para a súa certificación e a persoal do Exército que reco. Moncloa | Fonte: Europa Press

SIMULACRO

Por outra banda, a Consellería de Sanidade practicou este sábado un simulacro para a repartición e a administración das vacinas, que arrincará oficialmente este domingo nunha residencia sociosanitaria da área sanitaria de Santiago.

A simulación deste sábado comezou cunha falsa recepción das doses no almacén para despois trasladalas ao centro de maiores Porta do Camiño da capital galega. No entanto, aínda non transcendeu de maneira oficial en que residencia concreta iniciará a vacinación este domingo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 anonimo

Sinto pero non entendo o comentario. ¿ Que terá que ver a distribución das vacinas co que di gamela ? Mi non comprender.

1 Gamela

Levamos 9 meses sen saber cantos morreron, sin cobrar ERTEs, sete meses sen cobrar IMVs, e agora a nova estupidez son as Vacinas... Calquera sabe que con moita sorte teremos vacinas aló polo mes de setembro se son descobrimos polo camiño que non serven para nada ... Aclaración feita... acórdate que seguimos baixo Estado de Alarma ata o 9 de maio !!! Pois iso...

1 Gamela

Tómannos por parvos... e seguramente, senon o éramos antes da pandemia, agora xa non queda ninguén con cabeza para mandalos á merda... http://gamela00.blogspot.com/2020/0...