O alcalde de Ribeira, positivo en coronavirus

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2020 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, deu positivo en coronavirus na proba PCR realizada o pasado venres 25 de decembro.

En declaracións a Europa Press, o propio rexedor da localidade do Barbanza sinalou que ten síntomas lixeiros da enfermidade, pola que deberá ausentarse do seu posto mentres dure a corentena.

A situación, que xa foi comunicada aos grupos presentes na corporación local, impedirá que Ruiz Rivas (PP) presida o pleno ordinario que se celebrará este luns.

Fabiola Martínez con cargos da Xunta e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas, na residencia privada DomusVi
Fabiola Martínez con cargos da Xunta e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas, na residencia privada DomusVi | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta