"Queda bastante" para saír da cola de camións atrapados no Reino Unido

Representantes do Consulado de España acudiron a ver o estado dos camioneiros e transmitirlle que, a pesar dos avances, as probas PCR van lentas.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 26/12/2020 | Actualizada ás 19:53

Comparte esta noticia

Representantes da Embaixada e o Consulado español en Reino Unido trasladáronse ata o lugar no que se atopan os transportistas españois retidos a causa do peche da fronteira decretado por Francia, e comunicáronlles que houbo algúns avances, pero "queda bastante por facer".

Desta maneira, persoal destas misións diplomáticas no Reino Unido quixeron "brindar apoio" aos numerosos profesionais da estrada que levan atrapados no país anglosaxón polo peche de fronteiras decretado pola nova cepa do coronavirus.

Estes representantes lembraron que existen diferenteas vías informativas tanto co Consulado como coa Embaixada para axudar aos camioneiros coas súas xestións, traducir información, orientar o tráfico ou por calquera emerxencia, como foi o caso dun transportista que precisou de insulina.

Iso si, lembran que este colapso corresponde ás autoridades británicas, que están a facer un testeo a todos os transportistas, e desde as misións diplomáticas españolas aseguran que vai demasiado lento.

Así mesmo, sinalan que están en comunicación coas autoridades británicas para "presionar" e buscar unha rápida solución a este respecto, e, aínda que recoñecen que houbo algúns avances, lamentan que aínda "queda bastante por facer".

Cola de camións en Dover, agardando polas probas de covid do Reino Unido
Cola de camións en Dover, agardando polas probas de covid do Reino Unido | Fonte: Antena 3

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta