Xa se coñece o primeiro galego ao que se lle subministrará a vacina contra a covid

Trátase dun usuario da residencia Porta do Camiño de Santiago.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2020 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

Un ancián da residencia Porta do Camiño, en Santiago de Compostela, será a primeira persoa que recibirá a vacina contra a covid-19 en Galicia. O Servizo Galego de Saúde (Sergas) arrincará este domingo a campaña cunhas 500 doses que chegarán desde Guadalaxara ao longo da noite.

Tras as primeiras inoculacións, está previsto que o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, fagan unha valoración ao mediodía sobre o arranque da campaña nos exteriores da residencia, concretamente na Praza 8 de Marzo.

O Sergas xa practicou este sábado un simulacro na mesma residencia de maiores para a repartición e a administración das vacinas deste domingo. Esta simulación comezou cunha falsa recepción das doses no almacén para despois trasladalas ao centro Porta do Camiño.

A Delegación do Goberno en Galicia coordina o dispositivo para a chegada das vacinas, que sairán pola noite desde Guadalaxara escoltadas pola Garda Civil co apoio da Policía Nacional. Este último corpo custodiaraas ata a súa entrega á Xunta pola mañá.

Unha persoa dos laboratorios que desenvolveron as vacinas, Pfizer e BioNtech mostra unha dose da vacina para entregalas a técnicos da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios para a súa certificación e a persoal do Exército qu. Moncloa
Unha persoa dos laboratorios que desenvolveron as vacinas, Pfizer e BioNtech mostra unha dose da vacina para entregalas a técnicos da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios para a súa certificación e a persoal do Exército qu. Moncloa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta