Ileso o condutor dun tráiler que sufriu unha saída de vía en San Cibrao das Viñas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2020 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

O condutor dun tráiler que sufriu unha aparatosa saída de vía en San Cibrao das Viñas saíu ileso do accidente, segundo informou este domingo a Garda Civil. O sinistro tivo lugar ás 03,30 horas deste domingo na autovía A-52 en sentido O Porriño á altura do termo municipal de San Cibrao das Viñas.

Alí, o vehículo articulado sufriu unha saída de vía polo márgen dereito e caeu por un desnivel. A posición final do camión, que quedou completamente fóra da vía, fixo que o incidente non afectase á circulación.

Segundo traslada o Instituto Armado, a empresa titular do vehículo está a realizar xestións pertinentes para que un guindastre de gran tonelaxe poida recuperar o vehículo e a súa carga.

Tráiler accidentado en San Cibrao das Viñas. GARDA CIVIL
Tráiler accidentado en San Cibrao das Viñas. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta