Fortes ventos, chuvia e neve... Os efectos da borrasca Bella en Galicia

A cota da Coruña e Lugo estará en alerta máxima este luns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2020 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

Todo o litoral galego continuará este luns en alerta polos efectos da borrasca 'Bella', que deixará fortes ventos, precipitacións, ondada e, mesmo, neve en Galicia ao longo das próximas xornadas.

Deste xeito, a costa da Coruña e Lugo continuarán en alerta máxima este luns ante a previsión de mar combinado do oeste que provocará ondas de entre oito e dez metros. Tamén estará activo un aviso laranxa por ventos de oeste de forza oito con intervalos de nove en todo o litoral coruñés e na Mariña.

Pola súa banda, a situación será mellor nas Rías Baixas, aínda que nesta zona tamén estarán activas alertas tanto por ondada (laranxa) como por vento (amarelo).

Ademais da costa, a montaña de Lugo e Ourense estará en aviso este luns. Será amarelo e por neve, que podería acumularse por encima dos 5 centímetros en 24 horas.

borrasca
borrasca | Fonte: eltiempo.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta